Alimentos contra o exceso de colesterol - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > De dieta
Alimentos contra o exceso de colesterol

Ademais dos alimentos que axudan a diminuír os niveis de colesterol, existen no mercado diversos produtos que prometen resultados nesta liña. Pero, convén tomalos cando estes niveis se manteñan estables?

O colesterol acumúlase nas paredes das arterias. Co tempo, esta acumulación pode bloquear o fluxo de sangue cara ao corazón ou o cerebro, co que aumentan as posibilidades de sufrir un ataque cardíaco ou un derrame cerebral.

Dentro dos alimentos que axudan a diminuír os niveis de colesterol atopamos diversas froitas como os amorodos, as mazás ou os pomelos. Nalgúns, a presenza de fitoesterois é natural en si mesmos, como é o caso das noces ou o aceite de oliva virxe, aos que hai que sumar o peixe azul, o allo ou as legumes. Consumidos varias veces por semana, protexen as arterias e axudan a regular os niveis de colesterol malo (LDL) e potencian o bo (HDL). 

Alimentos enriquecidos

Para reforzar a acción destes alimentos, desde hai un tempo pódense adquirir no mercado diferentes produtos, cuxa finalidade é axudar a diminuír os niveis altos de colesterol que habitualmente presenta unha parte da poboación. 

Trátase de produtos que se enmarcan no sector dos alimentos especializados, situados entre a medicación e os alimentos. Son alimentos enriquecidos con esterois vexetais, que diminúen as concentracións de colesterol LDL no sangue. Os esterois vexetais atópanse de forma natural en moitas froitas, verduras, sementes, cereais, legumes e aceites vexetais, pero en cantidades tan pequenas que o seu consumo habitual non ten un efecto constatable de cara a conseguir unha redución dos niveis de colesterol. A margarina, os queixos graxos e o iogur son os primeiros produtos de consumo adicionados con esteroli vexetais que saíron ao mercado, aos que se uniron posteriormente o leite fermentado. 

Os estanois vexetais preséntanse en cantidades moito aínda máis pequenas. Como parte da dieta diaria, o éter de estanol vexetal pode rebaixar os niveis totais de colesterol unha media dun 10%. Tanto esterois como estanois son substancias moi similares entre si. Ambas se empregan para reducir os niveis de colesterol porque a súa composición química é moi semellante á do colesterol e bloquean a absorción deste no intestino, antes de que chegue ao sangue. 

Non aptos para todos

Algúns estudos clínicos demostran que o consumo diario de entre 1 e 3 gramos de esterois vexetais reduce o colesterol total e o LDL (“colesterol malo”), porque inhibe parcialmente a absorción do colesterol. Porén, a inxestión deste ingrediente non está exenta de riscos. 

As persoas que presentan niveis normais de colesterol non o precisan tomar. Convén ter en conta que estes produtos se dirixen só a persoas que queiran diminuír o seu colesterol en sangue e que quen xa estea a tomar algunha medicación neste sentido, deberán consultar co médico.  A niveis de nutrición pode non ser axeitado para mulleres embarazadas, no período de lactación, así como para nenos menores de cinco anos. 

Se se toman esterois vexetais de forma continuada, pódese producir unha diminución dos carotenoides no sangue, unhas substancias necesarias para a formación da vitamina A. Para contrarrestar este efecto, é necesario comer alimentos como as froitas e verduras que si as achegan. Recoméndase non superar a dose máxima de 3 gramos ao día. Neste sentido, como cada envase destes produtos acostuman conter uns dous gramos de esterois vexetais, non convén mesturar diferentes produtos porque se podería superar facilmente a cantidade aconsellada.

 

Artigos relacionados

Novas etiquetas para os produtos light

Comer e controlar os triglicéridos

16 de maio de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.