Rutas, mapas, coches, restaurantes, noticias motor, el tiempo, hogar y mas en repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > De dieta
Turróns para diabéticos e celíacos

O Nadal anima a preparar comidas especiais e pratos distintos para celebrar estes días. Como sucede con outras enfermidades, as persoas diabéticas ou as celíacas poden verse fronte a bandexas de produtos pouco recomendables para a súa saúde.

No caso dos diabéticos, desaconséllanse os pasteis e doces porque teñen unha elevada porcentaxe de azucre (en concreto, sacarosa) e ademais, a masa coa que están confeccionados moitos deles contén amidón. Pero no mercado pódense atopar algunhas variedades de mazapáns, turróns e polvoróns sen azucre que poden substituír os que tome o resto da familia. 

Os turróns especiais, se están edulcorados con sacarina ou aspartame, non inflúen en absoluto. Tamén se poden edulcorar con sorbitol, que tampouco inflúe na glicemia. Se conteñen frutosa si sube a glicemia, pero menos que o azucre. 

Habitualmente, cando se inxire un alimento rico en hidratos de carbono prodúcese un aumento dos niveis de glicosa en sangue. As persoas diabéticas deben vixiar a súa alimentación para non superar a porcentaxe de hidratos de carbono que poden inxerir. 

Os turróns especiais tamén acostuman presentar na súa composición certa cantidade de hidratos de carbono, procedentes das améndoas e da fécula que se empregou para facer a masa. Por iso, convén ler atentamente a composición e ter en conta o número de racións de hidratos de carbono que se van substituír para poder tomar turrón sen alterar a glicemia. En calquera caso, tomar unha porción pequena, non todo o que se queira. 

As persoas celíacas padecen unha doenza dixestiva que dana o intestino delgado debido á súa intolerancia permanente ao glute, unha proteína que se atopa na fariña de trigo, centeo, cebada, malte e avena.  É frecuente atopar glute en produtos como os barquillos, produtos de pastelería como o pan de Cádiz, as améndoas recheas, os polvoróns ou algúns turróns de chocolate.

Turróns sen glute
Os celíacos non se poden permitir saír da súa dieta habitual. Porén, e ao igual que sucede cos diabéticos, tamén dispoñen no mercado de turróns duros e brandos sen glute, mantecados de améndoa, mazapáns e incluso carbón doce. De calquera forma, se hai algún convidado que presenta esta intolerancia ao glute, pódense preparar sobremesas alternativas como dátiles, froitos secos, noces acarameladas ou froitas cristalizadas, ademais dos doces caseiros sen glute ou os dietéticos especiais. 

Un problema para os celíacos é que a oblea que recubre a masa de turróns elabórase xeralmente con fariña de trigo. Neste sentido, algunhas empresas dedicadas á fabricación deste tipo de doces empregan obleas feitas de fécula de pataca, libre de glute para recubrir as tortas, o turrón de Alacante e o guirlache. 

Aquelas persoas que presentan altos índices de colesterol deben ter tamén especial coidado cos doces típicos de Nadal e coas continuas comidas, ceas e invitacións que teñen lugar nestas datas. En canto ás sobremesas, convén evitar os follados, a pastelería e os bolos industriais e os xeados cremosos. Os polvoróns, elabóranse con manteiga de porco, por iso débese limitar o seu consumo, así como o de turrón, mazapáns ou doces caseiros. 

Antes de brindar polo ano que vén, é importante saber que as uvas son unha das froitas con maior índice glicémico, así que se se padecen problemas de diabete haberá que elixir entre comelas coas badaladas ou substituílas por outro alimento.

 

Artigos relacionados:

- Froitos secos: directos ao corazón

- Lambetadas, ¿tentaciones prohibidas?

18 de decembro de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.