Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > De dieta
O limón, nutritivo e medicinal

Orixinario de Asia, o limón non é só un alimento rico en vitamina C senón tamén un bo antioxidante e un nutriente que mellora a saúde das células corporais.

Esta zumarenta froita de ácido sabor resulta idónea para refrescar o corpo en verán e condimentar moitos alimentos. Antiséptico, diurético e tónico, desde tempos antigos o limón foi unha froita apreciada, non só pola súa utilización na cociña senón tamén polas súas propiedades no campo da saúde. 

É un dos adstrinxentes máis poderosos que se poden atopar na natureza. Ao cortar rapidamente as hemorraxias, durante séculos o seu zume empregouse para curar as feridas producidas na guerra,  aplicándose directamente sobre a pel. 

Inclúese dentro do grupo dos cítricos, ricos en vitamina C, moi necesaria en épocas de frío. Precisamente por esta característica, empregouse tradicionalmente para combater o escorbuto, a gripe e a febre alta, pero tamén problemas de estómago, arrefriados ou arterioesclerose

O limón contén ácido cítrico, é rico en potasio, magnesio, calcio e fósforo. Ademais, a súa capacidade para rexenerar os glóbulos brancos axuda a potenciar as defensas do organismo, co que o sistema inmunolóxico se reforza e pódense previr moitas enfermidades. 

Potente antioxidante

Á hora de empregar o zume do limón, é importante espremelo no momento no que se vaia empregar, porque a vitamina C é a máis fráxil de todas as que existen e non soporta as esperas nin a calor. Este zume, rico tamén en vitamina E, constitúe un bo antioxidante e alcalinizante que contribúe a restablecer o equilibrio das células. Neste sentido, unhas pingas de limón ben mesturadas cunha cullerada de mel e outra de iogur, son unha sinxela máscara que, aplicada sobre o rostro, axuda a loitar contra as engurras. 

Esta froita combate as impurezas do sangue e desta forma, nivela de modo natural o funcionamento regular dos órganos. Ao contribuír á circulación sanguínea, prevén o colesterol e rebaixa a hipertensión. Contén un elevado nivel de potasio pero un baixo contido en sodio, co que é unha excelente alternativa para aliñar ensaladas e aderezar carnes e peixes. 

Por outra parte, é un protector da membrana mucosa que recobre o estómago e un estimulante para as funcións do páncreas e o fígado. Ao estimular as secrecións biliares, resulta moi indicada para combater enfermidades do órgano hepático e da vesícula biliar e tamén pode axudar a remitir certas conxestións e dores de cabeza que teñan relación co fígado (tras unha comida copiosa ou con exceso de graxa). 

É ben coñecido que o zume do limón ten capacidade para matar as bacterias nuns minutos. Por iso recoméndase especialmente á hora de combater a inflamación de enxivas, úlceras na boca ou incluso para combater a irritación que producen infeccións de gorxa como a farinxite ou as anxinas. Pódese tomar mesturado con auga quente e mel. Tamén resulta axeitado para eliminar o mal alento. 

Outra das súas moitas propiedades é que se pode empregar como diurético en tratamentos contra a obesidade. É unha froita con propiedades alcalinizantes da urina, co que resulta moi indicada para combater a formación de pedras no ril. 

Aplicacións externas

A época estival acostuma ser propicia para que se produzan casos de deshidratación ou infeccións estomacais, especialmente cando se viaxa a lugares afastados do punto de residencia. O zume de limón, mesturado con auga e sales, constitúe un remedio moi indicado para recuperar os minerais perdidos e hidratar o organismo. 

O zume de limón tamén se pode aplicar sobre a pel, xa que entre as súas numerosas propiedades salienta como un excelente adstrinxente que combate as impurezas da pel (manchas, grans, espiñas…) e a vellez prematura. Polo seu ácido ascórbico acostúmase empregar contra as picaduras de insectos porque facilita a súa cicatrización e un pouco de zume disolto en crema de pés contribúe a relaxar os pés cansados despois de toda unha xornada. Este zume, mesturado cun pouco de azucre axuda a eliminar as manchas amarelas que aparecen nos dedos das persoas fumadoras e tamén se debe ter en conta cando se trata de fortalecer as unllas quebradizas.

Artigos relacionados:

Fructosa, naturalmente doce

Alimentos que protexen fronte ao cancro

27 de agosto de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.