Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Reportaxes > Pratos > Carnes
Hamburguesas caseiras, unha sabrosa alternativa

A comida rápida e as hamburguesas, en concreto, son un tema de controversia frecuente entre quen defende os estritos controis de calidade.

Que se seguen na súa elaboración e quen desconfía tanto dos ingredientes utilizados como das medidas de seguridade alimentaria. Por si mesmas, as hamburguesas son un alimento equilibrado que contén hidratos de carbono, proteínas e vitaminas. O problema radica cando se converten nun substituto da dieta tradicional e nun prato recorrente ao longo das semanas. A isto hai que engadir que os ingredientes que acostuman acompañar á carne (queixos e salsas extragraxos, racións extras de patacas fritas e refrescos azucrados) poden facer que o contido da bandexa chegue ata as 900 calorías. Por outra parte, sucesos como o “mal das vacas tolas” fixeron reformularse a boa parte da poboación cáles eran os contidos reais das porcións de carne que habitualmente se serven nestes locais. 

Unha solución intermedia pode ser preparar hamburguesas caseiras de forma que se garanta, por un lado, a calidade da carne coa que se elaboran e ademais se rebaixen os índices calóricos xa que, polo xeral, cando se comen hamburguesas fóra de casa téndese a acompañalas de salsas e doses xenerosas de patacas fritas. 

Menos graxas
As carnes máis saudábeis son as magras, que teñen menor proporción de graxa. Na carnicería pódese adquirir carne de vacún picada, tenreira, preferentemente, aínda que nos últimos anos tamén cobraron auxe as hamburguesas de cordeiro, unha variedade habitual nos países árabes e que pouco a pouco se foi estendendo cara Occidente. Unha vez en casa, colócase nun recipiente e sazónase, engadindo a continuación cebola picada, ovo batido e pan relado. Tras mesturar todos os ingredientes, elabóranse as hamburguesas, ben a man ou con algún molde. Poden cociñarse á prancha cun mínimo de aceite e posteriormente engádenselles aros de cebola cortada en xuliana, pemento verde cortado en tiras e salsa de tomate. 

O certo é que as características alimenticias das hamburguesas varían en función do país no que se elaboren, ademais do seu tamaño que tamén pode ser maior ou menor. No estado español desde comezos da década dos 90, algunhas das especialidades que ofrecen as cadeas industriais perderon un 28% de graxas e un 30% de hidratos de carbono a favor de incrementar as proteínas nun terzo. 

O secreto da alternativa caseira está en que estas hamburguesas carecen das achegas extras de graxa que conteñen as pezas elaboradas polas cadeas comerciais que, ademais, se preparan con moito aceite, co cal, a achega calórica é moito maior. Ademais, este tipo de comida non acostuma servirse soa, senón acompañada de salsas diversas e racións de patacas fritas que, á súa vez, alíñanse con tomate ketchup. Porén, pódese substituír este complemento por un prato de verduras que acompañe á carne e que non supoña unha achega calórica tan excesiva. Tamén pode acompañarse de espárragos trigueiros á prancha e aliñarse con salsa hoisin, un complemento de sabor forte e doce que tamén se emprega con frecuencia ao preparar carnes e peixes no wok. 

Alternativas ao pan 
Ademais, cómpre ter en conta que, segundo se desprende de diversos estudos, o pan de molde contén certa cantidade de graxa trans, un ácido graxo que se somete quimicamente a solidificación para conseguir que o pan se endureza máis lentamente. Esta graxa atópase tamén nos bolos industriais ou nos flocos de millo. 

Porén, poden prepararse deliciosas hamburguesas caseiras acompañadas doutros ingredientes, distintos á imaxe tradicional da carne dentro do pan. Unha opción é mesturar ben a carne picada con pemento vermello e allo, picados e salpementados. Unha vez preparada a carne en porcións redondas, estas colócanse nunha bandexa de forno, engádenselle algúns anacos de queixo azul sobre elas e réganse con ourego. Por outra parte, córtanse varios tomates en cuartos, sazónanse con sal, pementa e ourego e engádense xunto ás hamburguesas na bandexa do forno. Déixanse facer durante uns quince minutos e despois sérvense cos tomates como gornición.

Outra receita tradicional é elaborar hamburguesas, acompañadas de salsa española. Esta salsa elabórase cortando cebola e cenoria en láminas finas e colocándoas nunha tixola con aceite, para que se vaian pochando. Despois engádese unha cullerada rasa de fariña, auga e un chorro de viño branco. Engádese tamén sal, déixase ferver e finalmente pásase todo polo triturador, para conseguir unha mestura homoxénea. 

 


 


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.