Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Reportaxes > Pratos > Sobremesas
Deliciosas fresas con nata

Coa chegada da primavera, as fresas son unha das primeiras froitas que chegan ao mercado. A provincia de Huelva cultívaas en grandes cantidades.

E Europa é un dos seus destinos máis demandados. Quen non probou nunca fresas con nata? Pequenas pezas de cor vermello intenso, aromáticas e con delicioso sabor, as fresas inundan os mercados nestes días. Son unha excelente fonte de vitamina C e K, moi ricas en minerais, especialmente en ferro e resultan moi depurativas. 

Con elas na cociña pódense elaborar numerosas receitas, especialmente sobremesas. Á hora de compralas, cómpre fixarse que o seu perfume sexa intenso,  a súa cor vermello homoxéneo e o  seu aspecto brillante, sen zonas mates nin restos de mofo. 

Antes de comezar a traballar con fresas, como é unha froita que no se pela, cómpre lavalas ben para eliminar calquera residuo de substancias químicas nocivas. Simplemente lavadas, sen ningún acompañamento, resultan do máis saborosas. Iso si, é unha froita delicada que cómpre consumir ao pouco de comprar, para evitar que se deteriore. Á hora de conservalas, poden estar a temperatura ambiente nun lugar fresco ou ben na parte menos fría do frigorífico, en cuxo caso é recomendábel sacalas unha hora antes de servir para apreciar todo o seu sabor. En calquera caso, non se deben conxelar. 

Lavar ben a froita
Con elas elabóranse marmeladas, compotas e delicias de sobremesa como las fresas con nata, unha das receitas máis sinxelas que existen. Para isto, lávanse ben as froitas, córtaselles o talo e aínda enteiras, déixanse repousar na  neveira durante unha media hora con azucre e zume de limón. Por outra parte móntase a nata e prepáranse varias copas coa nata acabada de montar e as fresas cortadas en anacos. Pódese servir así mesmo, pero se se prefire pódense meter estas copas  no conxelador unha media hora antes de servilas á mesa. 

Para montar a nata, tan só se precisa un recipiente metálico (previamente metido  no frigorífico, xa que a acción do frío inflúe na nata) onde se coloca este ingrediente e comézase a bater con varas  manuais ou eléctricas. Unha vez que se comece a notar as ondas hai que seguir montando, pero con coidado para que non se corte.  Se queda con aspecto grumoso e aparece líquido na base (soro) quere dicir que quedadou demasiado montada e debe desbotarse. Un consello: Se unha nata líquida estivo conxelada nunca monta ben. Hai receitas nas que se substitúe este ingrediente sobre as fresas por chocolate ou calquera outro condimento doce. 

Ademais de ser unha receita suave e saborosa, hai que ter en conta que se trata dunha sobremesa moi enerxética que contén glícidos (o azucre) e graxas (a nata), que se compensan porque é rica en calcio e as propias fresas, ademais de achegar un alto nivel de nutrientes, son baixas en calorías. 
 
Pero as fresas con nata non só son unha sobremesa en si mesmas, senón que poden empregarse como recheo doutras receitas. É o caso do follado recheo de nata e fresas. 

Follado recheo
Para elaboralo, comézase quentando o forno a 200º C. Cóllese a masa de follado – xa preparada – e esténdese, dividíndoa en tres partes iguais. A continuación, humedécese con auga unha placa do forno, colócase o follado encima e enfórnase desde abaixo durante uns 10 minutos a 200º C. Despois déixase arrefriar sobre unha reixa. 

Por outra parte, nun cunco ponse nata líquida con azucre e déixase refrixerando. As fresas lávanse e pártense en pequenos anacos e por outro lado bátese cun garfo uns 200 gramos de queixo crema, que logo se deixa a temperatura ambiente. A nata co azucre móntase co batedor e despois engádese o queixo crema xa batido, ata que se incorpore de todo e finalmente incorpóranse as fresas.

Para montar o follado, colócase unha capa de follado frío e sobre esta unha de crema, logo outra de follado e outra de crema, para finalizar cunha última de follado na parte superior. Como toque final, bótase por encima azucre glass, pasado por un coador fino e decórase cunhas folliñas de menta.

9 de abril de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.