Rutas, mapas, coches, restaurantes, noticias motor, el tiempo, hogar y mas en repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Reportaxes > Pratos > Verduras e hortalizas
Macadamia, exquisito sabor dos mares do sur

Descubertas por Ferdinand von Müller en 1848, as noces de Macadamia, “kindal kindal” ou jindili nomes cos que as denominan os nativos, son o froito de altos árbores con flores de olor doce.

Oriúndos da zona subtropical de Australia, terra de altas temperaturas e frecuentes choivas, convertéronse nos últimos tempos nun cultivo alternativo con gran demanda a nivel internacional. Cultívanse especialmente en Hawai, California e Florida. As razóns da súa gran aceptación atópanse en que se trata dunha das noces máis finas que existen, de exquisito sabor e numerosas propiedades nutritivas, o que abriu as portas do mundo gastronómico, a pesar de estar compostas entre un 51 e un 73% por graxas, o que equivale entre 5’6 e 6’4 quilocalorías por gramo de froito seco. 

O froito da Macadamia lembra ás abelás. Ten forma esférica, con textura branca cremosa e delicioso sabor. O seu diámetro oscila os dous centímetros, a cáscara ten a superficie dura e lisa que, á súa vez, acostuma estar cuberta dunha cáscara suave de cor verde brillante. Hai dous variedades destas noces, unha de cáscara grosa e áspera e outra máis fina que se abre con facilidade. Xunto coa améndoa, a abelá, o anacardio e o pistacho, 
está clasificada dentro dos cinco froitos secos máis finos do mundo.

As graxas monoinsaturadas atópanse especialmente en alimentos de orixe vexetal como os aguacates, o aceite de oliva e moitos froitos secos, entre eles, as noces de Macadamia. Este contido en graxas acostuma supor máis do 75% e axuda a controlar os niveis de triglicéridos e colesterol en sangue.  Tamén conteñen un 9% de proteínas, 9% de carbohidratos, 2% de fibras dietéticas e un 4% de azucre. 

Son unha boa fonte de vitaminas como a A1, B1, B2, calcio, potasio e fibra dietética, ademais teñen un baixo contido de sodio. Ao igual que sucede coas abelás, a macadamia contén máis dun 40% de ácido oleico, un tipo de graxa similar á do aceite de oliva, que axuda a diminuír o nivel de colesterol.

Toque gourmet
Trátase dun froito moi apreciado cun sabor lixeiramente doce que lembra as améndoas. Poden consumirse tanto crúas como torradas ou salgadas.  Polo seu delicado sabor son un aperitivo moi demandado, combinadas con pasta de queixo ou paté. Empréganse como aditivo en moitas comidas e achegan un toque exótico a pratos de arroz  e verduras, cócteles e ensaladas onde achegan un toque crocante. Resultan perfectas acompañadas de queixo de cabra e unha vinagreta de mel. 

Poden servirse tanto enteiras como picadas e desta forma son moi apropiadas para preparar salsa vinagreta. Cando se fan machucadas para espesar e condimentar salsas de guisos ou asados, tamén acostuman empregarse noces de Macadamia para substituír ás améndoas. Como recomendación, é preferíbel engadir os froitos secos ao final en pequenas cantidades e preferibelmente torrados, porque desta forma se realzan máis os sabores. 

Pero cómpre ter coidado porque se se torran demasiado, o seu sabor amargo increméntase. Pódense esparexer ben enteiras ou picadas nunha bandexa sen manteiga. Quéntase o forno a 175ºC e enfórnase ata que comecen a dourarse, removendo de vez en cando. Despois sácanse da bandexa e déixanse repousar. Fóra do forno dóuranse un pouco máis. 

A industria da confeitura tamén emprega as noces de Macadamia para elaborar chocolates, galletas, pasteis, pans, xeados e tortas. O xeado con noces de Macadamia é un delicioso produto.  

Demandado en cosmética
As noces que non pasan a catalogación para a exportación acostuman empregarse para a extracción dun aceite cun sabor inconfundíbel, que é un ingrediente perfecto de aderezos para salteados, ensaladas e mariñados e do que incluso se di que  ten mellores calidades que o aceite de oliva. 

Da árbore da Macadamia obtense, tamén, un aceite fluído e lixeiro que achega os elementos nutritivos necesarios para conservar a pel luminosa e sa. Contén altas doses de ácido palmitoleico, un triglicérido presente na composición da pel humana e que tende a reducirse co avance da idade. Desta maneira, resulta moi indicado para reequilibrar a secreción lipídica das peles menos novas e tamén para restituír o grao de humidade ás peles secas e deshidratadas, mantendo un nivel de hidratación estábel. Co aceite de Macadamia elabóranse, ademais de cremas hidratantes para a pel, xabóns e aceites para masaxe.

12 de febreiro de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.