Multiespazos, a última tendencia - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Casa e fogar Cociña

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > Suxestións do chef
Multiespazos, a última tendencia

A cultura urbana esténdese en infinidade de formas creativas. Nas grandes cidades, os multiespazos ofrecen, ademais da súa faceta gastronómica, a opción de adquirir delicatessen ou comprar roupa de deseño.

O obxectivo xa non é simplemente ir comer. Os restaurantes ábrense a fórmulas distintas que lles permitan se posicionar nun mercado cada vez máis saturado e, neste sentido, os multiespazos son toda unha tendencia que se estende cada vez con máis forza nas grandes cidades. 

Trátase dunha aposta cosmopolita na que a decoración xoga un papel moi importante e onde o habitual éa topar locais vangardistas nos que a faceta gastronómica se combina con outros produtos e servizos, sempre ligados á liña do establecemento. Se hai un bar nun ximnasio, as súas comidas e bebidas deberán ser liviás, respondendo á idea de alimentación sa e natural. Algúns locais presentan incluso a idea de que o espazo poida ser usado desde o almorzo ata a cea. 

A tendencia dos multiespazos xurdiu en Barcelona, New York e Londres e é a opción preferida por aquelas persoas que non se conforman cun espazo de única oferta. Dentro do mundo da gastronomía, ademais de comer e tomarte un café, algúns restaurantes, a partir de medianoite, pasan a converterse en clubs privados de copas. 

Concepto integral

A idea principal é que, máis alá de xuntar cosas diversas, se poida ofrecer unha proposta baixo un concepto integral e coherente. Podes atopar tendas gourmet, onde comprar produtos delicatessen de diferentes continentes e que en ocasións se venden no mesmo local no que se cenou. Espazos onde se ofertan vaixelas, cafeteiras e delicadas cuncas para saborear con máis pracer as diversas marcas de café que se poden atopar, mentres se le tranquilamente un libro. 

Aínda así, algunhas combinacións sorprenden nun primeiro momento: boutiques con restaurante, onde a cociña que se ofrece vai en consonancia co estilo da roupa que se vende, ximnasios con perruquería, restaurantes con galería de arte … incluso se poden atopar establecementos para lavar a roupa con xogos de mesa.

Nos multiespazo, a arte e a moda combínanse coas cafeterías e ofrécense espazos independentes para a exposición de coleccións, á vez que se celebran showrooms de roupa e complementos e onde incluso se pode comprar roupa dos máis destacados deseñadores internacionais. Nestas instalacións tamén te podes cortar o pelo mentres ves un esketch de teatro – hai perruquerías que están abertas ata altas horas da noite - ou visitar as súas tendas de música. 

Deseños de vangarda

O concepto de multiespazo chega a España, onde se diversifica segundo a creatividade. Os estilos, desde a liña máis vangardista que aposta polas últimas novidades tecnolóxicas, ata outros multiespazos de rechamante estilo retro onde se seguen as leis do feng shui. 

A súa oferta diversificada precisa dun certo espazo e así, se poden atopar auténticos centros comerciais de vangarda en edificios de varias plantas, que acollen a cafetería, a tenda de roupa, o restaurante e a sección dedicada á arte, distribuídas de maneira indistinta. 

Outros locais divídense en zonas. Na entrada sitúase un espazo comercial no que se poden adquirir produtos gastronómicos selectos xunto a unha zona de show cooking como reclamo á entrada, máis adiante sitúase unha barra onde poder cear ou comer algo rápido xunto a un espazo polivalente para catas de viños, reunións e diversos eventos. 

Algúns establecementos contan, así mesmo, con bodegas que dispoñen da máis moderna tecnoloxía e tendas nas que se comercializan viños, aceites e augas de luxo importadas desde Xapón ou Noruega. O mesmo espazo físico ofrece a posibilidade de perfeccionar a cultura gastronómica con cursos de cociña, catas de viños ou sesións de maridaxe mentres se goza dunha cea cos amigos.  

 

Artigos relacionados

Tendas gourmet e delicatessen

Bistronomie, alta cociña a prezos económicos

8 de maio de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.