Rutas, mapas, coches, restaurantes, noticias motor, el tiempo, hogar y mas en repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > Suxestións do chef
Tendas gourmet e delicatessen

Non fai falta saír de casa para degustar os manxares máis exclusivos. Cada vez son máis as tendas dedicadas a buscar os mellores queixos, viños, patés, conservas e pólos ao alcance do cliente.

Tanto se se camiña polas cidades como no interior dos grandes centros comerciais, cada vez é máis habitual atopar establecementos dedicados a produtos gourmet ou ben tendas temáticas con preferencia cara un produto en concreto ou ben cara un abano de alimentos coa mesma procedencia. As tendas delicatessen estendéronse con rapidez nos últimos anos e, na mesma liña, tamén aumentaron a súa oferta. 

Trátase de espazos de alta gastronomía nos que se poden atopar case calquera produto, con calidade garantida. No seu interior, cunha coidada presenza e estratexicamente colocados, produtos como viño con Denominación de Orixe, whisky, delicias gastronómicas como o foie artesanal e conservas da mellor calidade amósanse xunto a embutidos, xamóns, queixos, todo tipo de pastas italianas e salsas, así como todo o relacionado coa cociña do cacao, bombóns, cremas, a disposición daquelas persoas que aprecien o sabor dunha boa mesa. 

Ben porque se trate dunha ocasión especial ou simplemente porque se queira dar un capricho ao padal, estas tendas son tamén o espazo onde poder atopar o produto de combinacións aparentemente incompatibles como salchichón de chocolate, bombóns de anchoa e queixo parmesano, xeados de té … 

Tendas con degustación 

Trátase de establecementos dirixidos a un público gourmet que valora o poder probar o que vai adquirir. Por esta razón, moitos locais convertéronse nunha mestura de tendas-restaurante xa que contan, ademais da súa tenda con produtos delicatessen, cunha zona de restaurante e a posibilidade de adquirir comida lista para levar. 

Outros establecementos teñen un bar con carta degustación, de forma que produtos como sándwiches doces ou delicias de chocolate se poidan probar antes de os adquirir para levar a casa. Hainos que dispoñen de obradoiros nos que se elabora mil e unha variedades de pan e bolos e outros que contan con comidas internacionais preparadas. 

Incluso hai tendas especializadas en froitas exóticas, froitos secos, zumes naturais de froita batida e latas de conservas. O seu prezo acostuma ser máis caro que o das tendas habituais pero nelas ofértanse ensaladas frescas do día preparadas, perfectas para levar ao traballo ou se hai que organizar unha comida rápida. 

Os afeccionados a un determinado produto tamén poden atopar tendas gourmet dedicadas en exclusividade a un único produto, diversificado nunha interminable oferta. Existen, por exemplo, locais dedicados unicamente ao caviar ou ao mel. Neste último caso, ademais de produtos alimenticios tamén se poden atopar outros ecolóxicos como xabóns, pasta de dentes ou cremas faciais.  Hai tendas dedicadas aos sibaritas da auga, en todas as variedades, marcas e sofisticados envases mentres que en establecementos de decoración minimalista pódense adquirir peixes e mariscos, incluso contan con comedores onde os probar, ben en racións para levar ou pratos para degustar alí mesmo. 

Accesorios e complementos 

Neste tipo de tendas tamén se poden adquirir todo tipo de accesorios relacionados co produto que se oferta. Así, algúns establecementos ofrecen a oportunidade de comprar orixinais utensilios de cociña e noutros, os amantes do bo viño dispoñen de todo tipo de complementos relacionados con este mundo, ademais de poder degustar na barra ou na mesa conservas de calidade, queixos, (hainos que contan con máis de 450 referencias deste produto) embutidos ou xamón mentres se saborea un dos moitos caldos cos que cotan as tendas. 

En Internet poden atoparse portais gastronómicos que ofrecen información e servizos sobre alimentos de alta calidade, así como a posibilidade de contactar cos mellores restaurantes do mundo, manterse informado acerca das novidades gastronómicas e ter acceso aos produtos delicatessen máis exóticos ao longo e ancho do mundo. 

Na rede tamén se localizan tendas gourmet on line, dedicadas exclusivamente á venda en Internet, xunto a outros establecementos tradicionais que optaron tamén por crear a súa versión on line. Os envíos realízanse tanto a nivel nacional como internacional e nas súas páxinas pódense adquirir unha ampla variedade de produtos,  tanto ibéricos como queixos, doces e conservas, viños, aceites, vinagres e licores. 

Artigos relacionados:
Anchoas, exquisita delicatessen
Tabbouleh, delicatessen Oriental

 

30 de outubro de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.