Rutas, mapas, coches, restaurantes, noticias motor, el tiempo, hogar y mas en repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > Trucos
Eco-cook, a pota ecolóxica

Nun ambiente no que o aforro, tanto de enerxía como de tempo é un factor importante, xorde o eco-cook, un accesorio que posibilita tamén gastar menos auga á hora de cociñar os alimentos.

A preocupación polo ambiente e o futuro a curto e medio prazo delimita as liñas de actuación en numerosos campos. O mundo da cociña tamén se atopa entre estes, e un dos obxectivos que se marcan é lograr reducir o consumo enerxético. 

No concurso de deseño“Cenando en 2015? amosáronse ideas e deseños sobre cociña futurista, entre as que se atopaba o eco-cook, un prototipo creado polo francés Kechenyi Camille, gañador dunha mención de honor. Trátase dunha proposta pensada para evitar que, ao elaborar os menús haxa que empregar máis recipientes dos imprescindibles. Tal e como reza o título do concurso, está previsto que este accesorio saia á venda no ano 2015. 

Cociñar á vez

O eco-cook amósase como un sinxelo e práctico coador-separador de alimentos, fabricado en  silicona e nailon para ofrecer unha gran resistencia á calor. Introdúcelo na cazola – pode sosterse dentro dela - e reconverte un espazo único en tres compartimentos, onde podes cociñar distintos pratos á vez, de forma que un pode estar cocéndose mentres o outro ferve. Na zona lateral presenta a forma dun coador, con buratos, co que non só se facilita que os ingredientes se cozan senón que axuda a escorrelos unha vez feitos. 

Desta forma, á vez que se aforra auga, xa que os diferentes ingredientes se cocen simultaneamente, afórrase enerxía porque só se precisa un lume para quentar un único recipiente. Isto trae consigo tamén un aforro de tempo porque así se evita a espera ata ter todos os alimentos preparados. 

Este instrumento está pensado especialmente para aquelas receitas nas que sexa necesario cocer verduras, pasta ou arroz. Porén, ao cociñar diferentes alimentos, de texturas e sabores distintos na mesma auga, preséntase a posibilidade de que os sabores se mesturen e os máis fortes afecten aos outros.  

Conceptos innovadores

“Dining in 2015” é un concurso promovido por Designboom e ‘MACEF International Home Show’, destinado a profesionais, estudantes e todas aquelas persoas afeccionadas ao deseño. Nesta ocasión, a temática versou no deseño de produtos de coitelería, vaixela, baterías de cociña ou demais ferramentas de cociña e procurábanse deseños e conceptos innovadores nos seus aspectos, non só de forma senón tamén tecnolóxico. 

O gañador do concurso foi un deseño denominado “din-ink”, unha mestura entre uns bolígrafos BIC e un set de cubertos, creado por un grupo de italianos. Todo un orixinal deseño, moi práctico ademais. Tanto o gañador como unha selección dos proxectos presentados a concurso, puideron admirarse na Feira Internacional de Milán “Salone Internazionale della Casa”,  o pasado mes de xaneiro. 

 

Artigos relacionados

Cea informal: sinxeleza e bo gusto

Envasar ao baleiro os alimentos de tempada

7 de febreiro de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.