Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > Trucos
O regreso dun clásico

A vida moderna impídenos dedicar moito tempo á nosa alimentación e o microondas xorde como un aliado eficaz e rápido. Porén, o forno tradicional tamén permite cociñar pratos saudables sen investir demasiado tempo.

A chegada do microondas marcou unha revolución nas cociñas que ata entón se manexaban co forno tradicional. Pequeno e fácil de instalar, este aparello permite desconxelar alimentos, quentalos nos seus recipientes ou cociñalos tan só nuns minutos. Ademais, a súa velocidade de quentamento, varias veces superior á dos fornos convencionais, permite que a comida se coza nos seus propios xugos e así evítase a perda de nutrientes. 

Pero tamén cómpre ter en conta que o tempo de cocción se calcula con relación ao volume de comida. Se se supera, os produtos perden vitaminas e proteínas. En concreto, aqueles ricos en graxas, hidratos de carbono ou con pouco contido acuoso, pódense quentar en exceso ou simplemente se queimar se os cociñas a temperaturas moi altas. Por outro lado, a velocidade de quentamento pode facer que os bordos e a superficie do alimento se requenten ou queden secos. 

Cociñar san e fácil

O forno permite cociñar dunha forma fácil e sa. Os fornos ao vapor son un dos máis recomendables sistemas de cocción. O seu principio de funcionamento baséase en cociñar os alimentos co vapor de auga,  evitando o contacto co líquido elemento. Deste xeito, consérvanse as propiedades dos alimentos e non hai perda de vitaminas nin sales minerais. Este tipo de cocción potencia os olores e sabores, á vez que elimina o risco de cocción excesiva. 

Seguindo este método, unhas sinxelas verduras cortadas e colocadas sobre unha bandexa de forno con sal, pementa e aceite durante uns 20 minutos a 180º permítente elaborar un saboroso primeiro prato ou ben un acompañamento para un segundo a base de carne. 

De igual forma podes preparar un auténtico prato gourmet cuns volováns recheos de moegas de pato. Tan só precisas enfornar os volováns a uns 180º durante uns 25 minutos. Por outra parte, picas ceboliñas e allos frescos en xuliana e dentes de allo en láminas. Faise todo nunha tixola, engádense as moegas e sazónase. Os volováns énchense con esta mestura e vólvense introducir no forno un minuto para gratinalos. 

As pezas de carne asada, especialmente as aves, quedan máis zumarentas se lles engades media cebola e o peixe estará máis crocante se antes de enfornar se lle bota por riba un pouco de pan relado e se lle engade un chorriño de manteiga fundida. 

Unha fórmula moi axeitada para preparar peixes ao forno é en papillote. A temperatura do forno debe ser moderadamente elevada e a fórmula consiste en pór as viandas que se queira asar en papel de aluminio ou ben dentro dunha folla de papel engraxado. Dentro deste envoltorio os peixes fanse suavemente cos seus propios zumes e aromas, en tan só vinte minutos.  

Sistema de auto-limpeza

 As vantaxes do microondas deixaron nun segundo plano ao forno que, ata entón, fora unha importante axuda na cociña.  Porén, os últimos tempos están asistindo a un regreso do forno tradicional revestido con modernos deseños, sistemas auto-limpeza e a máxima funcionalidade. 

O aspecto da limpeza é unha das principais diferenzas. O mercado ofrécenos fornos que, grazas á función pirólise (con altas temperaturas), converten a sucidade en cinzas que logo se retiran facilmente. Para facilitar este labor a porta conta con cristais que illan da calor interior e algúns modelos incluso dispoñen de dous funcións a elixir: un programa máis curto para cando o forno non estea tan sucio e outro que realiza a limpeza de maneira automática, cando detecta que é necesario. Aínda que é un sistema moi avanzado tamén resulta o máis caro. 

Estes fornos permiten tamén regular a intensidade do grill mediante termóstato, o que facilita que a temperatura se reparta sen necesidade de estar dando voltas aos alimentos mentres se fan. Esta función resulta moi interesante cando se queren preparar pratos gratinados ou asados uniformes. Hainos que incorporan unhas funcións especiais que permiten cociñar varios pratos ao mesmo tempo sen que os olores se mesturen.  

 

Artigos relacionados

A cociña, ese espazo descoñecido

A chegada do butano na cociña

18 de marzo de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.