Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > Trucos
Receitas con Thermomix

O Thermomix é un aparello moi afianzado no mundo da cociña. Realiza de xeito automático gran cantidade de labores e axuda a preparar numerosas receitas de maneira moi sinxela.

A empresa Vorwerk xurdiu en Alemaña en 1883, creada polos irmáns Carl e Adolf Vorwerk e desde 1930 comezou a comercializar os seus electrodomésticos, que lograron unha gran aceptación polas prestacións que ofrecían no campo da hostalería. Co paso dos anos, os seus modelos fóronse actualizando e un dos últimos en aparecer no mercado foi o Thermomix TM-31, no ano 2004. 

O difícil ritmo de vida que se vive a diario obriga a buscar axudas que axilicen a hora de elaborar as comidas, mantendo unha alimentación equilibrada. Neste sentido, o Thermomix é un robot de cociña programable, que facilita o que poidas cociñar alimentos de maneira rápida e fácil, sen mesturar graxas. Este electrodoméstico permite cocer os ingredientes, mesturalos, espremer, relar, cortar e bater, entre outras funcións e as súas receitas resultan moi sinxelas de elaborar. 

Fórmula fácil, tempo breve

Co Thermonix pódense elaborar tanto primeiros pratos como sobremesas: desde patés ou pasta con tomates, aliñados con distintas salsas ata unha sinxela crema de cenoria. Neste caso, cócense na pota exprés durante uns 5 minutos cenorias, patacas, cebola e apio. Unha vez cociñados, introduces os ingredientes no vaso do Thermomix xunto cun pouco de margarina, leite desnatada, auga e sal e prográmalo durante 30 segundos a unha velocidade de 3’5 ata conseguir o punto desexado. Se o prefires máis fino e cremoso, podes programalo a velocidade 8-9 tan só 10 segundos.

Un prato un pouco más elaborado é o crocante de verduras con queixo Brie. No vaso da Thermomix córtanse diferentes verduras (cabaciña, cebola fresca, cenoria, repolo …) moi miúdas. Colócaas no recipiente Varoma, engades auga no vaso e ponas a ferver durante 5 minutos a temperatura Varoma e velocidade 2. Cando comece a saír o vapor, pos o recipiente coas verduras sobre a tapadeira e prográmalo uns 7 minutos, á mesma temperatura e velocidade que antes, para que quede ao dente. Ao finalizar, sacas as verduras e engádeslle sal, pementa e un pouco de manteiga. 

Posteriormente, colles dúas láminas, ben de pasta china ou de pasta brick, píntalas con manteiga por ambos lados e énchelas colocando primeiro un pouco de verdura, despois queixo Brie en láminas e outro pouco de verduras.  Péchase ben o paquete para que a masa non saia e estes paquetiños colócanse nunha fonte de forno a 200º uns 10 minutos ata que queden dourados. Sérvense nun leito de escarola acompañados dunha salsa vinagreta. 

Entre as moitas receitas, podes preparar as tradicionais e deliciosas croquetas co recheo que prefiras (xamón, bonito, queixo …). Éste pícase no aparello e por outra parte, no aceite frites cebola durante uns 3 minutos a 100º e a velocidade 5. A continuación engádeslle fariña e déixalo outros dous minutos, esta vez a velocidade 4 e a 90º. Neste punto engádeselle o recheo, déixase uns 10 minutos a velocidade 5 e a 90º e cando estea un pouco espeso báixalo a 3. Déixase repousar un pouco ata que a bechamel estea frita e dáselles forma. 

Outra alternativa sinxela é o polo ao curry. Pos aceite, cebola en anacos e algúns dentes de allo, durante 3 minutos a 100 º C e velocidade 4.  Nas coitelas do aparello pos a bolboreta e engades unha lata de champiñóns, mantendo todo uns 4 minutos a 100º C e velocidade 1. Engades o polo enfariñado, unha cullerada de curry, sal e pementa e polo todo durante 3 minutos á mesma velocidade e temperatura. Vertes o caldo e coces todo outros dez minutos. 

Deliciosas sobremesas

En tan só un cuarto de hora pódese preparar un delicioso tiramisú. Para isto, comézase elaborando unha crema inglesa. Introdúcense no Thermomix varias xemas de ovo, tona e azucre e trabállalas coa bolboreta a 85ºC, a unha velocidade de 2,5 durante 7 minutos. Por outra parte, póñense varias follas de xelatina a remollo en auga fría e incorpóraas á preparación anterior sen deixar de traballar coa bolboreta, un minuto máis. Agregas dúas claras de ovo, mascarpone, unha cullerada de limón espremido e outra de marsala e de ron. Toda a mestura tritúrase a velocidade 5 durante 2 minutos. Logo mételo nun sifón e deixas que arrefríe ben. 

Por último, póñense varios biscoitos a remollo en café expreso. Para presentalo, pos unha cullerada deste biscoito remollado nunha copa de cóctel, énchela co tiramisú e bótaslle por riba un pouco de cacao en po.

Outra receita de sempre é o clásico arroz con leite.  Colócase a bolboreta nas coitelas e incorpórase leite, arroz, cáscara de limón e laranxa e unha rama de canela. Prográmase 40 minutos, a 90 ºC e velocidade 1. Cando o aparello termine engádeselle azucre e déixase outros dous minutos á mesma temperatura e velocidade. Bótase en cuncas, déixase que arrefríe e adórnase con canela moída.

 

Artigos relacionados

Eco-cook, a pota ecolóxica

Receitas para cociñar co wok

18 de febreiro de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.