Rutas, mapas, coches, restaurantes, noticias motor, el tiempo, hogar y mas en repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Aforro enerxético
Categorías A+ e A++ nos electrodomésticos

Desde 1994, a Unión Europea esixe a clasificación enerxética dos electrodomésticos. Estes etiquétanse mediante sete letras nunha escala.

Que vai, por orde alfabética, desde o A para os que consumen menos enerxía ata o G. O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDEA) asegura que un aparello doméstico con etiqueta enerxética A pode gastar, se se compara con outro de clase G, ata 600 euros menos ao longo da súa vida útil.

Durante os últimos anos, o índice de eficiencia enerxética de frigoríficos, conxeladores e combinados de ambos na UE aumentou en máis dun 30%. 

Condicións cada vez máis estritas
Posto que a cota de mercado de neveiras e conxeladores de categoría A aumenta con rapidez, a normativa enerxética foi máis alá. A incesante mellora na eficiencia enerxética destes aparellos obrigou a Bruxelas a habilitar dúas novas categorías no etiquetado: A+ e A++. 

Con esta norma satisfácese a necesidade de adxudicarlles categorías cada vez máis estritas en canto a rendemento enerxético. Xa no ano 2000, arredor do 20% dos aparellos frigoríficos vendidos pertencían á categoría A de máximo rendemento enerxético e, nalgúns segmentos, a porcentaxe superaba o 50%.

O Goberno, en Consello de Ministros, adaptou a directiva europea datada en 2003 mediante o seu correspondente real decreto (219/2004, do 6 de febreiro). Desta forma, en España introducíronse dúas novas categorías, A+ e A++, no etiquetado de eficiencia enerxética destes aparellos.

En realidade, estas dúas categorías adicionais establécense unicamente como unha solución provisional ata que se leve a cabo unha revisión global que defina outras categorías de rendemento máis estritas cara ao seu etiquetado enerxético.

Utilidade do etiquetado
A etiqueta enerxética permite aos consumidores coñecer a información necesaria para poder escoller o modelo de neveira, ou doutro aparello, que consuma o mínimo de enerxía. De entre todos, os máis eficientes son os etiquetados como A+, que consumen o 58% menos dun consumo normal, e A++, que consumen ata o 70% menos. 

Tomando como base a etiqueta enerxética, promoveuse o programa europeo SAVE no que participaron compañías de dez países. Como resultado creouse a base de datos paneuropea de aparellos enerxeticamente eficientes “Homespeed”. Basta con seleccionar algunha das listas para buscar de forma fácil a información enerxética do modelo do aparello que interese. 

Coa elección dun electrodoméstico de categoría A+ ou A++ e a súa correcta utilización non só mellorará o confort e aforrarase diñeiro senón que, ademais, se estará contribuíndo a diminuír o impacto negativo no medio ambiente dos gases de efecto invernadoiro. Para que un aparello doméstico sexa práctico e amábel co entorno non só debe ser eficiente desde o punto de vista do consumo eléctrico, senón que, igualmente, ha de realizar as súas funcións o mellor posíbel.

Nunha vivenda consúmese entre un 15% e un 30% de enerxía co uso dos electrodomésticos. Entre os aparellos do fogar con etiqueta enerxética que máis gasto de enerxía provocan están os frigoríficos e conxeladores, así como a lavadora. 

Reducir esta proporción converteuse nun obxectivo prioritario para as accións de fomento do aforro e a eficiencia enerxética. Por este motivo, os vendedores acostuman explicar aos usuarios as vantaxes do aforro de enerxía, porque, a veces, aparentemente os electrodomésticos semellan ser iguais, incluso pode dar a sensación ao comprador de que a diferenza de prezo entre marcas ou modelos non obedece a unha razón lóxica.

O frigorífico é o electrodoméstico que máis enerxía gasta debido a que, aínda que a súa potencia non é moi grande, funciona durante todo o tempo. Ao estar acendido permanentemente, encabeza o gasto de electricidade do fogar, con preto dun 18% do recibo eléctrico. Concretamente, un frigorífico de clase A++ consume catro veces menos que outro de clase G. Calcúlase que gasta uns 300 euros en electricidade en 15 anos mentres o de etiqueta G consume máis de 1.200 euros no mesmo tempo.


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.