Rutas, mapas, coches, restaurantes, noticias motor, el tiempo, hogar y mas en repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Aforro enerxético
Que se aforra co cambio de hora?

Como afecta o cambio de hora ás persoas e ao entorno? Por que se atrasa ou adianta o reloxo dúas veces ao ano? Enerxeticamente, como repercute no consumo?

Nas vindeiras liñas respóndese a estas e a algunhas outras preguntas. A Comisión Europea estableceu un cambio de horario de inverno e de verán unificado para todos os países que compoñen a Unión Europea. Así, os reloxos adiántanse unha hora na madrugada dun sábado a un domingo en primavera e cando as agullas marcan as dúas pasan a ser as tres. O horario de inverno e de verán en Europa está regulado pola Directiva 2000/84/CE, do 19 de xaneiro de 2001, incorporada ao ordenamento xurídico español polo Real Decreto 236/2002, do 1 de marzo.

Cando chega o inverno non cómpre manter o horario de verán porque se traballaría moitas horas cando xa é de noite, co conseguinte aumento do gasto en enerxía. O horario volve a axustarse cada ano ás 3:00 horas da madrugada un fin de semana de outono previamente prefixado. 

O obxectivo principal que se persigue retrasando a hora cando se achega o inverno ou adiantándoa ao chegar o verán é aproveitar mellor a luz solar coa conseguinte redución do gasto enerxético. Na época estival o Sol sae antes e métese máis tarde.  Os días son máis longos. Coa modificación horaria inténtase facer coincidir o inicio da xornada laboral co amencer para gañar tempo á noite. Así aproveítase mellor a luz natural e afórrase enerxía. 

O incremento da seguridade viaria é outra das razóns que se manexan para que permaneza o cambio de horario, xa que canto máis tempo se conduce de día menos accidentes de tráfico se producen. Hai estudos que aseguran que unha hora máis de luz reduce os sinistros en estrada entre un 0,4 e un 0,7%.

Menor gasto enerxético
A procura dun maior aforro de enerxía, e consecuentemente de diñeiro e impacto ambiental, é responsábel deste cambio de hora. Gran Bretaña e Irlanda foron os primeiros países en decatarse dos seus beneficios. España e Francia sumáronse a esta iniciativa pouco despois, en 1919. Hoxe arredor de 75 países empregan este método para economizar o seu consumo enerxético.

Segundo o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), o feito de dispor de dous horarios aforra aos españois polo menos un 5% da factura de iluminación nas vivendas e preto dun 3% do recibo correspondente ao ar acondicionado nos establecementos comerciais.

A redución do consumo de enerxía e a rebaixa de gases de efecto invernadoiro é maior en verán. O motivo é que en inverno o tempo de luz diurna é menor. O comercio e o sector turístico e de ocio son algúns dos beneficiarios polo aumento de horas de luz.

Consecuencias sobre o organismo
Especulouse moito coas consecuencias que o cambio horario implica sobre o organismo. De feito Francia chegou a pedir á Unión Europea que abolise o dobre horario aducindo que é antinatural, que inflúe no estado de ánimo e a saúde das persoas, e que prexudica á agricultura e á gandería.

O paso ao horario de verán si provoca un cambio nas costumes cotiás pero tamén un aforro para a economía familiar. As estimacións apuntan que en comportamentos individuais no conxunto dos fogares españois afórrase unha hora de consumo de catro lámpadas de 60 watios durante os seis meses da tempada de verán. Tamén o gasto é menor en calefacción en inverno, xa que o Sol quenta máis horas e precísase menos tempo de funcionamento de radiadores e estufas. O mesmo sucede co ar acondicionado: o cambio dunha hora da tarde por unha da mañá, de temperatura máis fresca, fai que se precise menos este dispositivo para arrefriar un edificio ou unha vivenda. 

E o corpo humano habitúase ao cambio en poucos días. Talvez por isto, en xeral, a sociedade semella admitir que o cambio de hora implica máis benestar e vantaxes, tanto sociais como económicas, que inconvenientes.


 


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.