Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Casa e fogar Enerxía na casa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Aforro enerxético
Aforra auga e loita contra a desertificación

Desde 1994, o día 17 de xuño é o Día Mundial da Loita Contra a Desertificación e a Seca. A Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación (CNULD) estableceu esta data para lembrarnos de cómo é posíbel loitar na vida cotiá contra ela.

A degradación dos solos de zonas áridas, semiáridas e subhúmidas e secas resultante de diversos factores, entre eles as variacións climáticas e as actividades humanas, é o que se coñece como desertificación. Afecta á sexta parte, aproximadamente, da poboación mundial, ao 70% de todas as terras secas, ou o que é o mesmo a 3.600 millóns de hectáreas e á cuarta parte da superficie total das terras do planeta.

A CNULD establece que se aplicarán "estratexias de longo prazo" para "a rehabilitación, conservación e aproveitamento sustentábel dos recursos de terras" e hídricos que melloren "as condicións de vida, especialmente a nivel comunitario".

Adeus á terra produtiva
Cada ano desaparecen 6 millóns de hectáreas de terra produtiva. A desertificación afecta a máis de 110 países. Grupos conservacionistas como Ecologistas en Acción aseguran que en España o 40% do solo está ameazado polos procesos de desertificación.

Un dos principais factores desencadeantes da desertificación é a erosión que implica a perda de solo fértil. Case a metade do territorio español, 21 millóns de hectáreas, sofre perdas de solo de 12 toneladas por hectárea e ano, límites superiores aos tolerábeis. O 12%, preto de 6 millóns de hectáreas, está sometido a erosión moi severa, con perdas de solo superiores a 50 toneladas por hectárea e ano. Andalucía, Castela-A Mancha, Levante e Murcia son as áreas xeográficas máis afectadas.

Hoxe en día o problema está diagnosticado e analizado. Entre os primeiros factores que o desencadean atópase a sobreexplotación dos recursos hídricos, debida á concentración da actividade turística nas zonas costeiras, as actividades industriais e a agricultura de regadío. Pero, a pesar de que se sabe tecnicamente cómo frealo é difícil adoptar as medidas adecuadas.

Seca
Para combater a degradación dos solos e a desertificación son necesarias técnicas de reforestación e desenvolvemento sustentábel. Non é menos certo que unha seca pertinaz obriga aos cidadáns a adoptar hábitos e costumes de aforro no uso da auga. 

É importante que cada un dos membros da comunidade aprenda a consumir a auga estritamente necesaria, comece a pensar en reciclar toda a auga posíbel e en substituír os sistemas de rego tradicionais polos de goteo.

Inicialmente é moito máis barato combater a seca mediante a prevención, é dicir, evitando a escaseza de auga, que ter que paliar logo as súas consecuencias. 

Gastar menos auga e enerxía
Organizacións ecoloxistas como Greenpeace propoñen aforrar auga e enerxía para combater a seca e o cambio climático. Segundo esta organización, o cambio climático agrava os períodos de seca. Se antes de 1970 un 15% da superficie terrestre sufría seca, actualmente a proporción acada xa un 30%. Por iso é urxente tomar medidas que eviten a intensificación do problema.

As administracións teñen de exercer medidas contra a degradación das terras mediante a intensificación de actividades de conservación de solos, como forestación e reforestación, ademais dun control sobre o aumento da demanda de auga ou enerxía e a corrección das perdas nas redes de distribución da auga, que segundo datos oficiais teñen fugas dun 30% do caudal. 

Para Ecologistas en Acción, as actuacións en materia de protección de solos deben ter como principal obxectivo o desenvolvemento dunha xestión sustentábel das terras agrícolas, dos recursos hídricos e da ordenación do territorio. A atenuación dos efectos das secas e da erosión do solo deberá abarcar outros moitos aspectos, pero en particular a adaptación de sistemas de produción agrícola apropiados. 

A sobreexplotación é a principal causa da escaseza de auga en España, asegura WWF/Adena, quen advirte de que hai cuncas hidrográficas que directamente usan máis auga da que teñen dispoñíbel. 

Todos os cidadáns deben levar a cabo tamén as súas propias políticas de aforro de auga e enerxía, ademais de adoptar medidas en pro da rehabilitación e xestión sustentábel das terras degradadas. WWF/Adena acaba de estrear unha campaña de sensibilización, a exposición "Agua esCasa". 

11 de xuño de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.