Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Aforro enerxético
Altas temperaturas e electrodomésticos

As altas temperaturas, e outras condicións adversas, en ocasións desaconsellan a utilización dalgúns electrodomésticos. Non obstante, hai quen a pesar de todo quere, ou precisa, facer uso dos mesmos.

De feito, os avances tecnolóxicos conseguiron que sexa posíbel a súa posta en marcha pese a case todo. A solución: unha función de auto-apagado actívase en caso de perigo.

A diario utilizamos electrodomésticos como frigoríficos, microondas, ferros de pasar, televisores, etc. Todos han de funcionar independentemente da temperatura ambiente. De todas formas, cando se produce unha onda de calor, as autoridades normalmente lembran aos cidadáns a importancia do aforro de enerxía e auga para evitar cortes por sobreconsumo que afecten a toda a comunidade. 

Sobrequentamento 
Indefectibelmente, a enerxía eléctrica é imprescindíbel no día a día. O uso de aparellos eléctricos é indispensábel na maioría das actividades cotiás do ser humano, tanto en tarefas domésticas como laborais. Pero para un óptimo aproveitamento débense tomar as precaucións oportunas que eviten pór en perigo tanto a integridade física como a material. 

Os novos aparellos combinan as eficientes prestacións coa resistencia ao risco, xa sexa derivado de temperaturas extremas, de golpes, po ou auga. O único inconveniente é que a protección por sobrequentamento faga que se desconecte o electrodoméstico automaticamente para evitar unha sobrecarga excesiva.

No caso de que ocorra un sobrequentamento, que podería causar graves danos, un disxuntor de seguridade, previsto en cada vez maior número de aparellos, apagaría o motor automaticamente. 

E é que as altas temperaturas poden repercutir no bo funcionamento dos equipos e aumentar o risco de sobrecarga e curtocircuíto. A capacidade de illamento e de soportar altas temperaturas dos condutores eléctricos, a eficacia á hora de non propagar as lapas en caso de incendio e a resistencia mecánica dos aparellos son aspectos que hai que ter en conta á hora de seleccionalos.

Prodúcese sobrecarga ou sobreconsumo cando un aparello eléctrico ou un condutor (cable eléctrico) exceden os límites de operación para os que están concibidos. Xérase unha corrente que deteriora a instalación e se a duración é considerábel existe a posibilidade de que a sobrecarga orixine un curtocircuíto, é dicir, de que o illamento falle e a corrente eléctrica entre en contacto cun material non illante. 

As altas temperaturas na instalación multiplican o risco de ignición dos materiais do seu arredor. Os incendios normalmente prodúcense polo requentamento dos condutores. En calquera caso, para non se expor a esta situación é aconsellábel, antes de engadir un novo artefacto, asegurarse que a instalación ten a capacidade necesaria para abastecer enerxía a todos os elementos.

Potencia contratada
Se a potencia contratada coa compañía eléctrica é suficiente, convén saber que as primeiras marcas de electrodomésticos e cables utilizan materiais de calidade, baixo cumprimento de normas de seguridade internacionais, para que o seu manexo sexa o máis seguro posíbel. Ao igual que os fabricantes, os construtores, operadores, propietarios e usuarios de instalacións eléctricas deben contemplar determinados criterios de seguridade.

Para calcular o consumo eléctrico total dunha instalación hanse de sumar os consumos individuais dos aparellos conectados ao mesmo circuíto e dividilos pola voltaxe. Isto ofrece como resultado a corrente que se consume. Así, se a televisión ten un consumo de 50 vatios, a lavadora consume 800, o microondas 1.200, unha secadora 1.800 e 10 lámpadas de 100 vatios 1.000, a suma daría un consumo total de 4.850 vatios, cifra que dividida pola voltaxe da vivenda (220 voltios) arroxaría un consumo de 22 amperes. Se a potencia contratada fose inferior estaríase superando o consumo para o cal foi concibida a instalación e, de feito, na práctica saltaría o diferencial debido á sobrecarga se varios aparellos coincidisen funcionando.

Se o problema persistise pese ao aumento de potencia habería que recablear cun cable adecuado, de maior capacidade e convenientemente illado, oos circuítos eléctricos do fogar.


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.