Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Aforro enerxético
A domótica e o aforro de enerxía
domotica80__117386.jpg

Novos sistemas domésticos son capaces de encargarse de regular os aparellos dunha vivenda para reducir os seus consumos enerxéticos.


Chámanlles casas "intelixentes". E é que nun fogar domótico pódense controlar automaticamente, aínda que tamén de forma manual, todos aqueles aparellos que utilizamos cada día: interruptores, aire acondicionado, equipos de música, televisión, lavadora, aspersores de rega e mesmo a cafeteira. Pero esta tecnoloxía non ten por que aplicarse de forma global en toda a vivenda. É coma na decoración, pódense instalar todos os dispositivos dunha vez ou ir montando unha "casa intelixente" pouco a pouco, de acordo coas necesidades do momento e co presuposto dispoñíbel. Pódese ir por partes ou limitarse a algo tan sinxelo como o control automático das luces dalgunhas estancias e certos electrodomésticos. Administración racional
A domótica consegue un aforro de enerxía administrando racionalmente o funcionamento dos aparellos. Unha vivenda ou edificio intelixente permite integrar a última tecnoloxía e a máis eficiente enerxeticamente, que ademais é segura e confortábel. Pode dicirse que é unha unión de aplicacións destinadas ao aforro e ao confort grazas un control programado que pode exercerse de xeito remoto. Un dos maiores beneficios que pode supoñer o uso dunha vivenda así para o usuario é, precisamente, o aforro de enerxía, pero non hai que esquecer tampouco o incremento da calidade de vida e da seguridade. Polo xeral, os sistemas domóticos non se comercializan de forma xenérica coas prestacións básicas, agás nalgúns casos puntuais. É o control da iluminación unha das aplicacións máis requirida e a súa implementación resulta relativamente sinxela. A distancia
Ademais, o control remoto beneficia non só ao usuario senón que potencia o desenvolvemento de novos servizos no fogar. Hoxe xa é posíbel controlar calquera propiedade domótica mediante Internet ou mensaxes SMS. A aplicación das tecnoloxías da información no fogar será un aspecto básico e crucial para distintos sectores: - Iluminación: Grazas a uns sensores as luces prenden só ao entrar nos cuartos. Un detector de presenza encárgase de prendelas. Tamén se poderá regular a intensidade de luz ou acender a intervalos os diferentes interruptores da casa. Por outro lado, a luz do soportal, por exemplo, pode programarse para permanecer acendida durante un espazo de tempo determinado.
Aparellos domésticos: A electrónica ocúpase de vixiar que máquinas como a lavadora ou a lavalouza funcionen cando a tarifa enerxética é máis reducida.
Sistema de refrixeración: Pódese exercer un control total sobre a climatización da casa ao poder regular a temperatura de cada estancia mediante a programación. Os novos dispositivos teñen tamén a opción de rebaixar a temperatura interior se aumenta a calor na rúa. O control remoto permite regular o termóstato a distancia cunha soa chamada telefónica.
Control de toldos, cortinas e persianas: Pódese actuar sobre estes elementos aínda estando fóra do fogar para conseguir un mellor aproveitamento da luz e da calor do sol.
Calefacción: Mediante un crono-termóstato dixital actívase a calefacción cando a temperatura atmosférica estea por debaixo da prefixada. Se o prefire, o propietario ten posibilidade de acender a calefacción cunha chamada de teléfono mediante uns códigos, igual que de estabelecer a temperatura de cada cuarto.
Os equipos de audio e vídeo contan coa máis alta calidade para permitirlle ao usuario poder gozar das súas paixóns e controlar os seus axustes en calquera lugar da casa.
Xardín: A última tecnoloxía en domótica para o xardín é a rega por sensores meteorolóxicos.- Os sistemas de vixilancia e seguridade: Os máis sofisticados sistemas de protección da vivenda contra roubo, catástrofes e incendios tamén poden ser "intelixentes". A notificación pode realizarse mesmo a traves do correo electrónico. Unha cámara de televisión ou unha cámara web permiten controlar un inmóbel dende calquera lugar do mundo. Coa video-vixilancia remota pódese visualizar un lugar dende un PC ou PDA en calquera navegador de Internet, mesmo dende algúns teléfonos móbiles. Tamén se pode automatizar o accionamento de reixas protectoras e peches ás horas desexadas -As persoas dependentes poden ter o control completo do fogar nas súas mans e contar con sistemas de urxencia persoal ante calquera eventualidade. Por último, existen uns sensores, chamados "medidores IP", que son os encargados de transmitirlle ao sistema informático cal é o consumo específico de cada unha das áreas da vivenda ou dos distintos equipos. Deste modo, é posíbel coñecer a distribución exacta do gasto para facer fronte á ineficiencia enerxética. Pero, nunha casa con sistemas de control e dispositivos electrónicos automáticos, o malgasto xa non se producirá por esquecementos nin neglixencias.

31 de agosto de 2005


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.