Os radiadores descansan por vacacións - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Aforro enerxético
Os radiadores descansan por vacacións

Nesta época do ano en que os días son cada vez máis longos e soleados os radiadores do noso fogar pódense tomar un descanso de varios meses. Pero para que no outono volvan funcionar coa máxima eficacia e aforro abonda con seguir uns consellos sinxelos para o seu mantemento adecuado.

Os radiadores emiten calor non por resistencias térmicas, como as estufas (pdf), senón mediante a auga quente que provén da caldeira a través dun sistema de canos. Isto implica que ocasionalmente se poida filtrar algo de aire no circuíto, especialmente se permanece un tempo inactivo, que faga diminuír a eficacia do seu funcionamento. Para evitalo, abonda con realizar unha purga no radiador, que nalgúns modelos se realiza automaticamente, mais noutros é manual.

Como se purga

Se queremos extraer esas bolsas de aire que se puideron filtrar no interior do radiador, en primeiro lugar debémonos asegurar de que este permaneza frío e o sistema de calefacción permaneza parado. Isto débese a que cando non hai movemento no circuíto, o aire permanece na parte alta do radiador, facilitándonos así a tarefa. En cada un dos radiadores da casa deberemos: primeiro, pechar a chave de paso da auga que a conecta coa caldeira, que adoita ser unha roda xiratoria situada na parte superior e, a continuación, procurar a válvula de purgación, que xeralmente está situada na parte inferior do aparato e desenroscala coa axuda dun desparafusador ou unha chave inglesa.

Unha vez aberta comezará a saír algo de auga, polo que é necesario colocar algún recipiente debaixo para que non nos estrague o chan (como non sairá moita abonda cun pequeno cazo). Hai que mantela aberta ata que comece a saír auga de forma constante, de forma que non haxa gorgolexos. Iso significará que extraemos a bolsa de aire do interior e xa pode funcionar co máximo rendemento. Cómpre non forzar demasiado as válvulas para non provocar ningunha avaría.
 
Limpeza dos radiadores

Ademais de purgar antes de poñer en funcionamento o sistema, ao longo do ano é recomendable  limpar con certa regularidade os radiadores para evitar problemas de oxidación e adherencias de graxa e po que afeen o seu aspecto e acaben por prexudicar o seu funcionamento. Para isto, unha boa maneira consiste en pasar un aspirador coa embocadura estreita, pola superficie. A continuación empregaremos algún produto de limpeza que, a ser posible, conteña amoníaco e deterxente.

Se as manchas de óxido xa apareceron, entón o que teremos que facer é mollar a zona oxidada cun cepillo metálico embebido en augarrás. O seguinte paso será secar a zona afectada cun pano e, a continuación, pintala para que manteña a mesma cor que o resto do radiador e non desentoe.  


 

Artigos relacionados

Os termostatos

Quentadores de gas sempre a punto

29 de abril de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.