Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Casa e fogar Enerxía na casa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Aforro enerxético
Fiestras que aforran o ar acondicionado

En inverno, as fiestras cun deficiente illamento térmico poden ser causantes de entre un 10% e un 25% da factura de calefacción. En verán sucede outro tanto do mesmo co ar acondicionado.

Afortunadamente a tecnoloxía continúa avanzando ao servizo do medio ambiente. De feito, recentemente se patentaron fiestras cun circuíto de auga fría que aforran gran parte da enerxía que precisa un edificio para se manter fresco cando a temperatura fóra é elevada. 

Os inventores son un grupo de investigadores da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Aeronáuticos da Universidade Politécnica de Madrid (UPM). As fiestras que desenvolveron permiten aforrar un 70% do gasto enerxético que sería preciso para manter o ar acondicionado en construcións coas fachadas acristaladas.

A característica principal deste tipo de fiestras radica en que posúen unha cámara con auga en circulación dun centímetro de grosor. O  circuíto absorbe os raios infravermellos, de modo que a luz do sol chega á estancia que se atopa detrás da fiestra, que non percibe a calor.

Para evitar que a auga se quente e transmita a calor ao interior, o marco das fiestras está conectado a un intercambiador xeotérmico. Este é un sistema de tubos que transporta o líquido a unha profundidade aproximada de 20 metros, onde a temperatura media acostuma ser de 15 graos centígrados. É preciso chegar a esta fondura para transmitir a calor á terra.

O prezo final destas innovadoras ventás triplicará ás que contan con dobre acristalamento, pero os seus creadores aseveran que o aforro de enerxía que se deriva do seu uso axuda a facer rendíbel o investimento rapidamente.

Requentadas polo sol
E é que as fiestras, ademais de ser unha das partes máis decorativas da casa, son as canles máis habituais de entrada da luz do día, proporcionan ventilación e axudan a recibir a calor do Sol en inverno. Pero nas épocas de calor o equipo de ar acondicionado ás veces ten que forzarse para que arrefríe o ar quente procedente das fiestras requentadas. 

As novas fiestras que se instalan hoxe en día non só incorporan o dobre acristalamento, senón que algunhas están fabricadas nun material espectral selectivo. Este vidro de alto rendemento é capaz de absorber unha alta porcentaxe da radiación solar, de modo que poden reducir o gasto de ar acondicionado entre un 10 e un 15%. As fiestras máis eficientes manteñen a temperatura do interior. Para isto contan con acristalamento especial e un revestimento de baixa emisividade calorífica.

Consellos
Mentres se xeneralizan novos e máis eficientes modelos de fiestras e cristais atérmicos, convén facer uso de cortinas, toldos e persianas para preservar o interior da vivenda do calor e conseguir reducir a conta do ar acondicionado. A continuación enuméranse algúns consellos que poden ser útiles neste empeño:

· As cortinas ou persianas brancas reflicten a calor cara fóra da casa.

· É recomendábel manter pechadas durante o día as cortinas das fiestras que dan ao sur e ao oeste.

· Se a calor é moi forte, aconséllase valorar a posibilidade de instalar toldos polo menos nas fiestras que dan cara o sur e o oeste.

· Poden instalarse láminas para o control da luz solar ou reflectintes nas ventás orientadas ao sur para evitar a acumulación de calor solar.

Cando se vaia efectuar unha reforma convén contemplar a posibilidade de colocar fiestras de alto rendemento. A pesar de que recuperar o investimento pode levar anos en termos de aforro de enerxía, os beneficios para o medio ambiente que proporcionan poden facer que a decisión valla a pena. Os marcos de fiestras máis habituais son de aluminio, madeira, vinilo, fibra de vidro ou unha combinación dalgúns destes materiais. Por último, a marcaxe CE nas fiestras resulta especialmente importante dadas as repercusións que representa.

17 de xullo de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.