Miles de quilómetros separan o petróleo da súa extracción nos leitos xeolóxicos continentais ou marítimos ata que chega aos consumidores finais en múltiples produtos. Oleodutos e buques tanque con gran capacidade encárganse de manter un fluxo continuo desta materia prima cara ás refinerías. Sirva de exemplo que Europa occidental importa preto do 97% do cru que consume.
Por esta razón, o papel do transporte na industria petrolífera é moi importante. Efectúase a través de petroleiros ou de diversos medios de canalización: Tubaxes ao longo dun traxecto determinado que conforman oleodutos, gasodutos e outros "dutos", como os polidutos para gasolinas, que levan a materia prima desde o campo produtor ata o punto de refinación ou de embarque. Unha eficaz rede de transporte capaz de trasladar millóns de toneladas.
Gran caudal
Normalmente, unha vez chegado ás costas, o chamado ouro negro é refinado nas refinerías. O volume de desprazamento de oleodutos e gasodutos, que poden ir sobre a superficie ou baixo terra, varía segundo o diámetro das tubaxes. Polo menos no punto de orixe, pero tamén noutros lugares dependendo da topografía, sitúanse estacións de bombeo para impulsar o fluído cando ha de salvar desniveis.
O petróleo está formado por unha mestura de hidrocarburos que é preciso limpar e descompor nas súas diferentes formas útiles. Debido á dispar distribución dos xacementos petrolíferos, o transporte a grandes distancias, tanto do petróleo como dos seus derivados, faise inevitable incluso nos países que se autoabastecen. E trátase dun material inflamable e contaminante. Que este incesante caudal sexa seguro é moi importante para a sustentabilidade. Por isto os buques petroleiros -os maiores navíos do mundo-, teñen o seu espazo de carga dividido e as canalizacións de distribución dispoñen de sistemas que regulan o paso do petróleo para evitar situacións de emerxencia. No caso dos buques –metaneiros, de fuel, etc.-, a normativa, o mesmo que no transporte por estrada e por ferrocarril, establece límites técnicos e controla as súas travesías en aras da seguridade.
Múltiples presentacións
Desde os comezos do refino empregáronse diversos métodos de tratamento do cru. O resultado dos distintos procesos toma forma de combustibles como o gas de petróleo licuado, a gasolina, o queroseno, o combustible para motores de reacción, o gasóleo diésel, o gasóleo para calefacción... Pero, ademais destas materias hai que ter en conta outras como o gas de cociña e industrial, gas combustible para motores, o gas de alumeado, fertilizantes, disolventes, plastificantes, resinas e fibras para plásticos e téxtiles, pinturas e vernices, tintas de imprenta, etc.
O último destino do petróleo e os seus derivados é o consumidor final. Neste proceso interveñen distribuidores por xunto e retallistas. A estratexia que perseguen é a de proporcionarlles aos seus clientes o mellor servizo.
O caso do gas merece mención especial. Chega ás casas canalizado como gas cidade ou en bombonas se é butano ou propano. Serve como combustible para usos domésticos, industriais e para a xeración de enerxía termoeléctrica. No sector industrial é materia prima para as compañías petroquímicas. Por exemplo o polietileno, que é a base de moitos plásticos, obtense a partir do gas natural, do que tamén se pode sacar gas propano.
En España, gran parte das instalacións de loxística existentes, é dicir, de almacenamento e transporte, pertencen á Compañía Logística de Hidrocarburos (CLH) de cuxo capital Repsol YPF conserva o 15%.
As axencias distribuidoras ofrecen os diferentes produtos derivados do petróleo para as súas moi diversas utilizacións. Así, hai estacións de servizo para vehículos a motor, outras encargadas de subministrar queroseno aos avións no aeroporto e algunhas especializadas na distribución de produtos envasados ou en cisternas a domicilio. A distribución chega as vivendas e, por suposto, tamén se achegan os destinos industriais combustibles pesados para fornos e caldeiras, así como materias primas para a produción de plásticos, asfalto, ceras, betumes, pinturas, lubricantes... Así, se botamos unha ollada ao noso arredor veremos como o petróleo está presente non só como fonte de enerxía senón en infinidade de artigos de uso cotiá.
Artigos relacionados
- Plans personalizados para cubrir todas as necesidades enerxéticasNota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.