As mil caras do petróleo - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Educar na ciencia
As mil caras do petróleo

Os tres derivados do petróleo máis coñecidos, gases, combustibles e plásticos, están tan estreitamente ligados á nosa vida cotiá que nos custa imaxinar como sería esta sen eles. Porén, non acaba aí a nosa relación co petróleo, hai outros moitos produtos que se obteñen del e que se empregan tanto na industria como na vida cotiá.

O petróleo foi empregado desde a antigüidade para os máis variados usos. En Mesopotamia xa servía como cemento nas construcións e para impermeabilizar o casco das embarcacións, durante a Idade Media atribuíanselle propiedades medicinais e no século XIX as lámpadas de petróleo e queroseno eran moi habituais. Pero foi no século XX cando grazas á innovación tecnolóxica logrouse extraer unha gran variedade de derivados del: 

asfalto é un dos máis estendidos grazas ás súas características impermeabilizadoras e a súa resistencia, que o converten nun material idóneo para cubrir o pavimento. Aínda que se pode extraer en estado natural de varios xacementos, a maior parte do que se emprega nas estradas e autoestradas é o residuo das refinerías despois de destilar o petróleo cru doutros produtos. 

O  xofre é un material moi importante para a industria. Parte do que se emprega provén do petróleo, que no seu estado natural contén ata un dous por cento deste elemento e que debe ser extraído nas refinerías. Do xofre obtense ácido sulfúrico, que serve entre outras cousas para a elaboración de fertilizantes para a agricultura.

Presente en infinidade de obxectos cotiás 

Desde que os Laboratorios DuPont iniciaron a produción de nailon en 1938, o seu éxito comercial foi inmediato. Trátase dunha fibra de gran elasticidade e resistencia, que non require ser pranchada e ademais non a comen as couzas. É moi común na confección de medias, cordas, fío para pescar, cordas de guitarra, cremalleiras e nas sedas dos cepillos de dentes, entre outros moitos usos. 

O caucho sintético comezou a fabricarse en Alemaña durante a Primeira Guerra Mundial e desde 1945 a súa produción chegou a superar á do caucho natural. Ten unha gran variedade de usos, aínda que a máis coñecida é na fabricación de pneumáticos

Os lubricantes para a maquinaria son outro dos fins do refinado. Na súa elaboración aplícanse diversos aditivos para axeitalos ás necesidades do mercado da automoción. Tamén algo tan común como as ceras das velas proveñen do petróleo, así como as parafinas, os insecticidas e os adhesivos. A pintura, algo omnipresente nas paredes, os coches e practicamente en calquera cousa que miremos, ten tamén compoñentes que se extraen do petróleo como o ácido nafténico, o  tolueno ou os xilenos mesturados. 

 

Artigos relacionados

Como chega o petróleo ás nosas casas?A>

O futuro constrúese en plástico

14 de abril de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.