Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Fogar enerxético
Os acumuladores enerxéticos

O almacenamento de enerxía no fogar experimentou nos últimos tempos fabulosos avances. Empréganse na construción de vivendas materiais capaces de reter o frío ou a calor. Non obstante, segue tendo especial relevancia o desenvolvemento de aparellos acumuladores.

Dependendo da zona xeográfica das vivendas, o gasto en calefacción representa máis ou menos o 60% do consumo enerxético total dunha casa. Este montante pódese rebaixar se se fai unha elección correcta do sistema de calefacción. Ben é verdade que aínda queda un camiño por percorrer para almacenar a calor dunha forma cen por cen eficiente e económica. Pero, á hora de elixir, cada vez hai que ter máis en conta os dispositivos de almacenamento de enerxía, que están evolucionando día a día grazas a novas tecnoloxías.

Efectivamente, os acumuladores enerxéticos xa poden constituír unha alternativa ás caldeiras tradicionais da calefacción. Pero, exactamente, cal é a función que exercen estes aparellos? Aforran en consumo? Son máis eficientes? Causan menor impacto ambiental? 

Moi eficientes
A implantación de acumuladores enerxéticos como sistema de calefacción e auga quente é menos complicada que a instalación doutro tipo de mecanismos, xa que se poden instalar en case calquera sitio. Trátase de equipos modulares que se poden adecuar á maioría das necesidades. Ao mesmo tempo, o seu traballo é moi eficiente. 

Estes aparellos, que acumulan calor habitualmente durante a noite, quentan a casa durante o día a menor custo. Cando son eléctricos son capaces de aforrar máis dun 50% do importe do gasto da factura eléctrica.

Se a isto se engaden as vantaxes do gas natural, que ofrece gran economía e confort na climatización dos fogares, estaríamos falando dos acumuladores a gas de cámara estanca. Estes dispositivos incorporan as vantaxes da auga quente sanitaria acumulada nun recipiente que permite a regulación da temperatura desde os 40 aos 70º C.

Como son?
Os acumuladores teñen unha aparencia similar a un termo, unha estufa ou un radiador. Almacenan calor durante horas e logo disípano lentamente, segundo as necesidades de calor do fogar onde están instalados. 

Normalmente clasifícanse os acumuladores en dous tipos: estáticos e dinámicos. Os estáticos colócanse en estancias reducidas nas que se require permanentemente a calefacción pero onde non se precisa un control exacto da temperatura. Os acumuladores dinámicos porén dispoñen dunha regulación de descarga máis precisa, por isto recoméndase a súa instalación en dependencias nas que se desexa maior control da temperatura ou que se deben caldear máis rapidamente. 

Entre as vantaxes dos acumuladores está que presentan un gran rendemento cun mantemento nulo. Outro punto a favor é que mediante o seu uso pódense seleccionar diferentes temperaturas na mesma casa. Ademais, tal e como se apuntou, se poden instalar en case calquera lugar, sen necesidade de obra. 

No ámbito medioambiental, hai que salientar que son menos contaminantes que outros sistemas. E desde o punto de vista do consumo, co seu uso redúcese o risco de dependencia dunha fonte de enerxía, sobre todo se coexisten gas e electricidade.

O único aspecto negativo é que o seu prezo é elevado se se compara cos aparellos eléctricos tradicionais. Se a comparación se establece con sistemas baseados en caldeira e circuíto de auga os prezos son moi competitivos. 

Artigos relacionados:

Pilas recargábeis

Os termostatos

20 de novembro de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.