Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Casa e fogar Enerxía na casa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Fogar enerxético
Como lles afectan aos electrodomésticos apagóns e tormentas?

As tormentas acostuman provocar cortes na subministración de electricidade e non é infrecuente que se denuncien avarías nos electrodomésticos ás compañías eléctricas. E é que os apagóns inesperados poden traer consecuencias para os aparellos.

Un dos efectos secundarios das tormentas é que mentres se producen, multiplícanse as anomalías na distribución de enerxía eléctrica. Non sempre é posíbel previlas, pero antes de ter que se queixar á compañía responsábel da distribución de enerxía pódense tomar algunhas medidas. 

Normalmente os apagóns teñen carácter intermitente, pero son máis que suficientes para estragar os aparellos conectados á rede eléctrica. Os potenciais problemas de enerxía multiplícanse se a rede de transmisión e distribución de electricidade está moi preto do límite operativo, aínda que non é fácil establecer unha causa-efecto entre os fallos no abastecemento do servizo de enerxía eléctrica e as avarías.

Incidencias
Os apagóns poden xerar importantes perdas para as empresas e graves trastornos para o cidadán. Non hai máis que imaxinar un fallo na rede que controle os semáforos dunha gran cidade.

Incidencias na liña de media tensión -que leva a electricidade ata os centros de transformación-; disparos con reenganche, chamados así cando un apagón dura apenas uns segundos, xa que a enerxía volve de inmediato, automaticamente, sen necesidade de intervención técnica ningunha; avarías en baixa tensión -a liña que leva a electricidade desde o centro de transformación ata o domicilio particular-, etc. Os fallos no abastecemento de electricidade son moi variados.

As tormentas son causa de apagóns, pero tamén poden ser ocasionados a raíz da execución de obras de remodelación ou amaño, picos de demanda, etc. Aínda que non sexan superiores ao minuto de duración, en ocasións son suficientes para estragar ordenadores, televisores, secadores de pelo ou outros electrodomésticos, como aparellos de ar acondicionado. Os curtocircuítos e a sobrecarga de corrente tamén poden ocasionar apagóns.

Cada vez existen máis provedores de mecanismos de dispoñibilidade e protección eléctrica, debido ao aumento do consumo enerxético, que implica nalgúns lugares unha ameaza constante de picos e sobretensións.

Antes e despois de que o corte se produza
Moitas persoas utilizan sistemas de alimentación ininterrompida (SAIs) ou supresores contra sobretensións para protexer os seus ordenadores.

Pero unha das maneiras máis eficaces de impedir que os cortes de luz afecten aos aparellos do fogar é instalar un interruptor magnetotérmico. Este dispositivo evita, cando se produce unha anomalía no abastecemento de enerxía eléctrica, que se produzan incidencias perigosas, como os incendios, xa que interrompe a chegada da corrente. Pódese instalar xunto aos enchufes de electrodomésticos e outros aparellos como ordenadores ou a televisión. 

Pero se xa unha tormenta ou calquera outra situación provoca un apagón, entón é conveniente apagar as luces e os aparellos eléctricos para que non se produza unha sobrecarga cando se restableza o servizo. Será suficiente con deixar unha luz acendida para saber cándo se repón a subministración. Tampouco nese momento se deben pór a funcionar todos os aparellos domésticos á vez, para que o sistema se restaure sen problemas.

É posíbel que os servizos meteorolóxicos avisasen da chegada dunha tormenta. Esta información pode ser útil para pór, por exemplo, o conxelador no nivel máis frío. Deste modo os alimentos conservaranse en perfecto estado entre 24 e 48 horas. 

Os apagóns, ben sexan por sobreconsumo enerxético, tormentas ou por calquera outra causa, afectan tamén a empresas e comercios. En primeiro lugar poñen a proba os seus sistemas de almacenamento de datos, xa que poden causar graves danos nos equipos e na información transmitida ou almacenada. É recomendábel protexer todos aqueles dispositivos que estean conectados a un PC, como impresoras, liñas de comunicación para teléfono e fax, módems ou antenas parabólicas.

As flutuacións enerxéticas non só deixan inactivos os equipos e danan os máis sensíbeis, como ordenadores, sistemas audiovisuais e de seguridade e outros aparellos electrónicos. Ademais, no caso da empresa, provocan unha diminución da produtividade. 


Artigos relacionados:
Que se aforra co cambio de hora?
Altas temperaturas e electrodomésticos

10 de outubro de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.