Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Fogar enerxético
A enerxía doméstica no mundo

A cantidade de enerxía que se consume nos fogares e a maneira de facelo é moi desigual duns países a outros. O principal factor é a diferenza de renda, pero tamén depende do clima, do tipo de enerxía dispoñible e das costumes do lugar.

Islandia, con 28.213 quilovatios hora per cápita, é o país do mundo con maior consumo de electricidade, seguido de Noruega, Canadá e Finlandia. Trátase de países moi desenvolvidos onde os seus habitantes gozan dun elevado nivel de vida, pero unha parte importante dese consumo débese tamén ás baixas temperaturas que sofren durante a maior parte do ano, o que supón un alto gasto de enerxía en calefacción. 

Para este fin empregan, ademais de electricidade, gasóleo para as instalacións comunitarias e diversos tipos de gas como propano, butano, ou gas natural que é o máis empregado actualmente. Ademais, nos últimos anos nos países nórdicos está comezando a ter unha gran auxe o consumo de biomasa nunhas caldeiras deseñadas especificamente para o seu consumo. Concretamente o combustible que consumen denomínase “pellet”, que consiste nuns pequenos cilindros compostos de residuos procedentes da madeira. 

Curiosamente séguenlles moi preto en consumo enerxético países tan diferentes en todos os aspectos como Qatar e Kuwait, onde é a calor a que obriga a un alto gasto enerxético en ar acondicionado, ao igual que noutros países árabes produtores de petróleo.

Mención especial merece no referente ao consumo de enerxía merece China, cuxa evolución nos últimos anos foi espectacular. Se no pasado os cortes na electricidade nas cidades eran frecuentes, agora a electricidade incluso está comezando a chegar, e a un reducido prezo, aos campesiños de moitas rexións remotas, grazas ao programa iniciado polo Estado hai 10 anos para modernizar as redes de electricidade urbanas e rurais e igualar os prezos do consumo eléctrico dunha mesma rede nas cidades e o campo. Este feito, xunto á construción de gran número de centrais térmicas, nucleares e hidroeléctricas (como a xigantesca presa das Tres Gargantas, que entrará en funcionamento en 2009) converteu a este país no segundo maior consumidor mundial, só detrás de Estados Unidos, asemellando cada vez máis o consumo de enerxía nos fogares chinos ao dos occidentais. 

Electrodomésticos e tecnoloxía no fogar

Aparte das diferenzas climáticas, a cantidade de consumo doméstico de enerxía presenta unha distinción fundamental segundo o nivel de renda. Nos países ricos está cada vez máis centrado no crecente número de electrodomésticos e o equipamento tecnolóxico co que contan os nosos fogares, como os ordenadores, lectores de DVD, equipos de música, microondas (presentes xa nun 44% dos fogares españois)... artefactos que fai non tantos anos non existían ou pertencían só ao sector máis poderoso pero que agora son habituais nas vivendas do mundo desenvolvido. 

De todos eles é o frigorífico é o electrodoméstico que máis enerxía consume no fogar, marcando unha importante distancia cos demais aparellos. De maneira que se estima que require case unha quinta parte da electricidade consumida nos fogares de España. 

Aforro no consumo

Non obstante, perante a crecente preocupación polo ambiente, en moitos países realízanse esforzos por reducir o gasto enerxético que se produce nos fogares, que se estima nun 30% do total do consumo enerxético. Así, por exemplo, un programa iniciado por Xapón en 1998 trata de reducir un 59% o consumo de enerxía dos aparellos de vídeo, un 30% o dos frigoríficos e un 83% o das computadoras, mentres que pola súa parte a UE pretende que en 2020 se aforre ata unha quinta parte de enerxía respecto ao consumo actual, grazas á produción de electrodomésticos cada vez máis eficientes. Ademais, para o ano 2009 prohibirase utilizar as tradicionais lámpadas. En relación a isto, o Goberno de China, un país que produce o 70% das lámpadas do mundo, anunciou que en 10 anos deixará de fabricalas en favor das lámpadas de baixo consumo

 

Artigos relacionados

Formas de aforro pasivo de enerxía

Plans personalizados para cubrir todas as necesidades enerxéticas 

18 de abril de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.