Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Fogar enerxético
A evolución da enerxía no fogar: a cociña

Poucas cousas evolucionaron tan rápido, durante as últimas décadas, como a tecnoloxía que empregamos na cociña. Desde os fornos de carbón e leña, que coñeceron os nosos avós, ata os modernos microondas e as placas vitrocerámicas, a nosa vida cotiá experimentou un cambio do que faremos agora un breve repaso.

cociña (pdf), tamén chamada estufa nalgúns países, é un sistema formado por varios fornelos ou queimadores na parte de enriba e un forno na parta de abaixo. É unha parte integrante de practicamente todos os fogares españois e, ata fai unhas décadas, os fornelos eran alimentados xeralmente polas tradicionais bombonas de cor laranxa. Estas foron, progresivamente, cedendo o seu protagonismo ás conducións de gas, mentres que os tradicionais queimadores seguen a convivir con outros sistemas como as modernas e estéticas placas de gas-cristal. 

forno (pdf), pola súa parte, continúa vixente, sen grandes cambios durante as últimas décadas, aínda que nalgúns aspectos conta coa competencia do forno microondas. Este aparato supuxo toda unha revolución tecnolóxica, xa que por vez primeira non se emprega o lume nin ningún elemento térmico, pois válese de enerxía electromagnética para axitar as moléculas de auga dos alimentos. Inventado en Gran Bretaña nos anos corenta como consecuencia da investigación sobre o radar, durante a guerra, o seu uso para a alimentación non se comezou a estender ata o anos 50. Inicialmente só nos restaurantes, porque os primeiros microondas tiñan o tamaño dun frigorífico e, uns anos despois, nos fogares estadounidenses. Tardou aínda un par de décadas máis para que, o seu uso, comezárase a xeneralizar en España.

A lavadora 

Un electrodoméstico que introduciu un gran cambio no estilo de vida da xente foi sen dúbida a lavadora, que supuxo unha liberación da tarefa, particularmente molesta de limpar a roupa. Os primeiros artefactos precursores xa apareceron no século XVIII e XIX, mais foi en 1915 cando se inventou a primeira lavadora eléctrica que, ao non dispoñer dun peche hermético con frecuencia, salpicaba auga no motor e provocaba todo tipo de accidentes. Nos anos 50 comezáronse a comercializar en Europa as lavadoras automáticas semellantes ás actuais. Co tempo chegaríanse a converter nun elemento imprescindible no fogar, de feito o 98,5% das vivendas en España dispoñen dunha.

O frigorífico

O costume de traer neve das montañas que, convenientemente conservada en gabias, servía logo para conservar alimentos e elaborar sobremesas, xa existía hai moitos séculos en China.  Empezouse a imitar, posteriormente,  en Europa desde o Renacemento. Pero a primeira neveira eléctrica fabricada en serie non chegaría ao continente ata moito tempo despois, en 1931. O frigorífico (pdf) tardaría varias décadas máis en chegar a España aínda que, igual que pasou con outros electrodomésticos, unha vez popularizado chegaría a ser unha parte imprescindible de todas as cociñas.

Outros electrodomésticos cada vez máis comúns

Se, os mencionados con anterioridade, son omnipresentes nas nosas cociñas e xa é difícil concibir a vida cotiá sen eles, nas últimas décadas fixéronse cada vez máis habituais outros electrodomésticos, aínda que, polo menos ata o de agora de forma máis minoritaria, como a lavalouza, o robot de cociña, a licuadora … O aumento do nivel de vida e a consecuente capacidade de gasto, así como a incorporación da muller ao mercado de traballo,  son factores que requiren das cociñas e dos seus electrodomésticos unha maior comodidade e menor investimento posible de tempo, polo que o desenvolvemento técnico neste terreo aínda está por rematar.

 


Artigos relacionados

A evolución da enerxía no fogar I: O control da temperatura

A cociña, ese espazo descoñecido

29 de abril de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.