Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Fogar enerxético
GENERA'08, Feira Internacional de Enerxía e Ambiente

GENERA'08 aglutina distintas fontes de enerxía xunto aos sectores relacionados coa súa explotación, distribución, tecnoloxía e servizos. Trátase dunha plataforma internacional aberta ao mercado enerxético, sempre atenta e orientada á eficiencia enerxética e, por suposto, ao respecto ao ambiente. A mostra presenta as novidades dun entorno dinámico capaz de satisfacer as necesidades dun sector en continua evolución.

A partir desta XI edición, o Salón Internacional de Enerxía e Ambiente celebrarase con periodicidade anual para satisfacer a necesidade do sector de dispor dunha plataforma de encontro máis frecuente e dar resposta aos excelentes resultados de participación obtidos na pasada edición, cando a afluencia de visitantes profesionais se incrementou nun 81%.

Como complemento á exposición comercial, durante a mostra desenvolverase un completo programa de xornadas técnicas e conferencias, que abordarán unha ampla temática en torno aos diferentes sectores enerxéticos contemplados na feira. Co obxectivo de amosar algunhas das principais liñas de investigación do momento nesta materia, GENERA'08 estrea unha galería de innovación. 

Os sectores enerxéticos presentes son os correspondentes á enerxía solar, de coxeneración, biomasa, eólica, hidráulica, a procedente dos residuos, do hidróxeno e a pila de combustible, do carbón, o gas e o petróleo, entre outras. Un completo programa de xornadas e conferencias, dos encontros de negocio de carácter internacional e a galería de innovación, completan a oferta expositiva.

O perfil dos expositores, evidentemente, ten que ver coas súas actividades en canto á xeración de enerxía. Así, os stands estarán dedicados ao transporte, distribución e almacenaxe de enerxía, a instalación e a montaxe, o mantemento e asistencia técnica, a enxeñería, consultoría, auditoría e xestión de proxectos enerxéticos, a asesoría financeira, a fabricación, importación e/ou distribución de bens de equipo, ben sexan de analítica, control e instrumentación ou sistemas de xestión de residuos e venda de electricidade, así como a institucións e asociacións.

Intenso contacto

As relacións persoais son fundamentais para os negocios. Por isto, durante os días que durará a feira, empresas e entidades participantes poderán fortalecer os seus vínculos cos visitantes. Este intenso contacto persoal permitirá a quen fan GENERA'08 tomar o pulso ao mercado, analizar a acollida dos seus propios produtos e a actividade dos seus competidores. Neste mesmo sentido e como punto de encontro profesional, esta edición acolle dous destacados encontros de negocio para profesionais que permitirán establecer novas relacións comerciais e intercambiar impresións.

Os visitantes asiduos da mostra saben que das súas xestións en GENERA xorden oportunidades de negocio, xa que alí se poden identificar posibles provedores e socios. As importantes empresas que participan fano conscientes de que aproveitan un escaparate privilexiado para crear ou consolidar a súa imaxe de marca, un espazo para convencer, xa que moitos produtos, ao ser innovadores, precisan unha mostra directa.

Repsol YPF estará presente en GENERA'08 como empresa membro da Asociación Española do Hidróxeno, unha organización sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o desenvolvemento tecnolóxico do hidróxeno e as pilas de combustible. O stand situarase no Pavillón 12-12C24. 

Profesionais interesados

A feira este ano reúne a oferta de 389 empresas -246 directas e 143 representadas-, ao longo de máis de 10.000 metros cadrados de exposición no novo pavillón 12 de Feria de Madrid. Ademais, esta edición conta coa presenza de 62 empresas internacionais procedentes de 15 países –Alemaña, Austria, República Checa, China, Dinamarca, Francia, Grecia, Israel, Italia, Países Baixos, Polonia, Reino Unido, Suecia Suíza e Turquía-, o que revela a súa crecente relevancia no calendario feiral exterior. 

Na pasada edición achegáronse ata o recinto 12.842 visitantes profesionais, 1.147 deles foron estranxeiros procedentes de 62 países distintos. As persoas interesadas en GENERA son normalmente profesionais de consultorías, enxeñerías, construción, comercio, usuarios industriais de enerxía, fabricantes e distribuidores de equipos, instaladores e empresas de mantemento, promotores de proxectos enerxéticos, etc. Pero tamén se achegan ata a feira estudantes e científicos de universidades e centros de investigación, técnicos das administracións públicas e outros prescritores e promotores inmobiliarios. En xeral, todo tipo de profesionais relacionados co mundo da eficiencia enerxética e ambiental.


 

Artigos relacionados

Enerxía solar na casa

A etiqueta enerxética

25 de febreiro de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.