Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsolypf.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Casa e fogar Enerxía na casa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Fogar enerxético
Plans personalizados para cubrir todas as necesidades enerxéticas

Cada vivenda presenta unhas necesidades enerxéticas particulares. Para instalar os equipos que se encargarán de satisfacelas hai que avaliar os distintos apartados domésticos: auga quente sanitaria, calefacción, refrixeración e iluminación. A suma de todos eles determinará a elección de fontes e sistemas.

O gasto enerxético doméstico representa aproximadamente un 42% do consumo total da Unión Europea e é responsable dunha porcentaxe similar de emisións de CO2. Os cidadáns máis responsables trasladan as súas preocupacións ambientais á demanda enerxética dos seus inmobles. Por outro lado, acertar na elección dos sistemas máis eficientes implica un aforro económico considerable para os usuarios.

O estado da propia vivenda, concretamente nos aspectos que se refiren a orientación e illamento térmico, constitúe un dos elementos fundamentais do consumo enerxético. A Certificación Enerxética dos Edificios achega información moi valiosa e pode incluír opcións de mellora. Os requirimentos de enerxía derívanse tamén, loxicamente, das actividades que se leven a cabo no inmoble, e dos aparellos que precisa.

Eficiencia
O consumidor de hoxe en día pensa xa na eficiencia enerxética como un elemento máis que inflúe na súa decisión final de compra ou reforma dunha casa. O vendedor aplica este criterio como un máis de calidade a ter en conta. Diferentes sistemas aliméntanse con gas ou gasóleo, dous dos principais combustibles á hora de ofrecer solucións de alto nivel de economía e confort. 

No fogar pódese empregar gas nas modernas cociñas de vitrogás, que combinan limpeza, aforro e comodidade, e, por suposto, en fornos, que ofrecen a vantaxe de que o vapor da auga da combustión logra que os alimentos ao se asar non se resequen. Ademais, hoxe en día a gama de gasodomésticos incorpora lavadoras, lavalouzas, secadoras, etc. 

Recoméndase o gas natural tamén para os equipos de climatización. O seu uso é moi habitual en caldeiras de calefacción e auga quente, ben sexan individuais ou colectivas. Os radiadores murais autónomos tamén poden funcionar a gas, ao igual que outros equipos de climatización. Pódese obter a máxima economía de uso solicitando un dos plans a medida de gas para o fogar. Existe un para cada tipo de vivenda e cada estilo de vida, desde casas independentes de grandes dimensións a pequenos apartamentos.

Características particulares
O plan personalizado é un servizo integral que cubre todas as necesidades enerxéticas dun domicilio, adaptándose ás súas características particulares. Entre os servizos que pode incluír atópase a subministración de gas, a cesión do depósito en aluguer se é propano, a instalación da rede exterior, un contrato de mantemento e un servizo de asistencia técnica as 24 horas.

Antes de decidirse por uns ou outros sistemas cómpre asesorarse. Hai múltiples formas de saber cal é o produto que máis convén a cada casa. A recomendación que se obtén desta consulta neste enlace é orientativa. Tal e como se apuntou, é necesario coñecer outras características da vivenda para confirmar a mesma. O consumo enerxético non depende en exclusiva dos equipos e as fontes de enerxía. Pero, hai que saber, por exemplo, que unha vivenda unifamiliar pode cubrir cun só combustible todas as súas necesidades de calefacción, cociña, auga quente sanitaria, climatización e outras aplicacións dun modo limpo e cómodo. 

Decantarse polo gas ofrece moitas vantaxes. Ademais da súa versatilidade, o usuario benefíciase dun combustible moi competitivo polo seu custo económico, concretamente en canto a mantemento e aluguer de equipos. Por todo isto, o gas é un combustible idóneo para usos domésticos. De todas formas, nalgúns casos, tamén pode ser interesante instalar sistemas de calefacción de gasóleo.

Artigos relacionados:

- Aparatos domésticos e novas capacidades

- Os acumuladores enerxéticos


 

2 de xaneiro de 2008



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.