Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Innova enerxía
Climatización pasiva

Unha boa "climatización pasiva" axuda a xestionar con eficiencia a temperatura interior do fogar. Así, o consumo de enerxía necesario para conseguir un ambiente agradable redúcese ao mínimo. Pero, para comezar, hai que detectar os "puntos débiles" en canto a illamento; selar fugas de ar en portas e fiestras faise imprescindible.

Rebaixar as emisións de gases como o CO2 forma parte da loita contra o quentamento da Terra e os edificios xogan un papel primordial. Máis ou menos a metade da enerxía total consumida destínase ás edificacións.

As persoas somos usuarias de máis dun edificio: A nosa vivenda, o lugar de traballo e de estudo, as construcións nas que se prestan servizos públicos... O desenvolvemento e a demanda de maiores niveis de vida carreou unha tendencia alcista no consumo enerxético mundial. Porén, pódense conseguir ambientes climaticamente confortables racionalizando o gasto enerxético.

Forma parte da casa

O uso destas técnicas non significa renunciar á subministración de enerxía, aínda que adoptar pautas de consumo razoables é fácil se estas se apoian nun conxunto de factores baseados no deseño bioclimático, no cal adquire especial relevancia o acondicionamento pasivo. Os elementos responsables desta climatización teñen como obxectivo mellorar o comportamento térmico das edificacións. Inflúen sobre a temperatura, aproveitan a radiación, minimizan o movemento do ar, etc., logrando un maior benestar.

A climatización pasiva baséase en conceptos básicos da Termodinámica, cuxas leis explican o modo natural de fluír da calor. Potenciar os sistemas pasivos, en definitiva, supón camiñar cara a unha climatización menos artificial. 

Consellos prácticos

Os sistemas de climatización pasiva forman parte da obra arquitectónica. Porén, no que respecta á construción, durante anos á hora de deseñar un edificio obviáronse as variables climáticas do entorno no que se ía facer realidade. Por outro lado, a tipoloxía das vivendas é moi ampla. En calquera caso, as casas centenarias, debido á anchura dos seus muros, e os pisos interiores ofrecen, por exemplo, mellor comportamento térmico que os áticos, moi exposto ao frío en inverno e á calor en verán. Porque a efectividade dos sistemas aplicados depende principalmente da diferenza de temperatura entre o ar do ambiente e a fonte de calor ou arrefriamento, da intensidade do fluxo térmico e da posibilidade de que se manteña a temperatura. 

Os métodos evaporativo, radioactivo e de contacto co chan son os sistemas pasivos de quentamento e arrefriamento máis utilizados nas construcións. Dito doutro xeito, as casas tradicionais nos lugares cálidos contan con patios e soportais, que teñen un papel refrescante na ventilación natural. A orientación sur fai posible un aforro enerxético porque proporciona calefacción solar pasiva e unha boa iluminación natural. Dependendo da situación da vivenda e das características climáticas da zona pode ser interesante ampliar ou reducir a superficie que está exposta ao sol do mediodía. As paredes e teitos con cámara de ar tamén melloran o ambiente interno.

Nalgúns casos pode ser conveniente acondicionar as portas e fiestras con burletes, silicona ou faldras, ou incluso substituílas por unhas novas. Non debemos desprezar o papel que xogan persianas e cortinas. Ben pechadas, impiden que se escape a calor e que entre o sol cando máis quenta. 

O aforro enerxético que se consegue depende en gran medida das características da nosa casa. Pero unha aposta polo acondicionamento pasivo é tan rendible que calquera investimento, aínda que de entrada pareza elevado, se amortiza enseguida, non só no aspecto ambiental senón tamén economicamente. Calcúlase que el gasto en calefacción, climatización e auga quente nunha vivenda de 120 metros cadrados oscila os 150 euros ao mes. Este importe pode rebaixarse considerablemente. 

 


Artigos relacionados

A casa bioclimática

Vivendas con ar acondicionado "de serie"
3 de marzo de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.