Energy Forum en Barcelona - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Casa e fogar Enerxía na casa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Innova enerxía
Energy Forum en Barcelona

Barcelona acolle desde o 16 ao 18 de abril a terceira edición de Energy Forum, un congreso no que expertos do sector analizarán as políticas enerxéticas en Europa e no mundo.

O Palacio de Congresos de Montjuïc, en Barcelona, acolle desde o 16 ata o 18 de abril a feira e congreso Energy Forum. Un encontro no que profesionais, expertos e representantes de administracións nacionais e internacionais analizarán as políticas enerxéticas en Europa e no mundo, así como os cambios producidos no sector a escala nacional e internacional.

Energy Forum 08 dividirá os seus relatorios en dúas grandes áreas temáticas: Políticas Enerxéticas e Tecnoloxías. No primeiro bloque, expertos enerxéticos analizarán o sector desde un punto de vista global; tanto aquilo que se refire ás liñas gobernamentais nacionais ou as posicións da Unión Europea, como ás estratexias de grandes empresas ou os condicionantes ambientais, económicos e xeográficos.

Pola súa parte, no apartado dedicado ás Tecnoloxías buscarase coñecer tanto o presente como ol futuro ao que se dirixen as fontes de xeración de enerxía máis actuais e innovadoras. Neste sentido, algúns debates versarán sobre enerxía nuclear, eólica ou tamén a solar en todas as súas vertentes, co fin de ilustrar os procesos que desembocan na produción de electricidade, enerxía para o transporte ou climatización. Ademais, esta sala completarase cun repaso profundo á situación dos biocombustibles e ás auditorías e a eficiencia enerxética.

O encontro contará coa participación de relatores de primeiro nivel nacional e internacional, como Pedro Mielgo, presidente do Energy Forum, Ramón de Miguel, presidente de eBio, Alfonso González Finat, conselleiro principal, DG TREN, Comisión Europea, Ignasi Nieto, secretario xeral de Enerxía do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Edgard Gannsounou, Xefe de Laboratorio de Sistemas de Enerxía de LASEN ou Agustí Maure, director xeral de Enerxía e Minas da Generalitat de Cataluña.

A terceira edición de Energy Forum, contará nesta ocasión con máis de 80 stands informativos repartidos nunha zona de exposición de 3.800 metros cadrados, nun evento que se consolidou xa como un punto de referencia no sector da enerxía. 

Os visitantes de Energy Forum, que a organización estiman en 3.500, poderán coñecer de primeira man as solucións achegadas polas empresas do sector, as súas principais actividades e as últimas novidades tecnolóxicas.

 

Artigos relacionados

O uso de plásticos na agricultura

Transmitir electricidade sen cables

11 de abril de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.