Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Casa e fogar Enerxía na casa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Innova enerxía
Sistemas autónomos de enerxía

Para aqueles lugares onde a rede eléctrica non chega, ou esporadicamente falla a subministración, existen equipos apropiados capaces de proporcionar unha autonomía enerxética permanente ou ocasional.

Estes sistemas cargan baterías a través de diferentes fontes de enerxía: solar, eólica, hidráulica, por medio dun xerador ou desde a mesma rede eléctrica. As baterías poden alimentarse empregando numerosos recursos, desde os renovables aos biocombustibles, pasando polo gas natural, o propano, o butano e un longo etcétera. Hoxe, ademais, a integración destes módulos co resto dos compoñentes optimiza os sistemas autónomos de xeración de enerxía en condicións reais. 

Úsanse para producir calor, xerar frío, xestionar datos… En realidade estes sistema autónomos poden axeitarse a calquera lugar pero, sobre todo, garanten enerxía en sitios illados, como explotacións agrícolas ou gandeiras. Nútrense dunha ou de distintas combinacións de fontes de enerxía. Os seus deseños, a miúdo aplican tecnoloxías baseadas en coxeradores diésel ou de gas

Descrición técnica 

Porque estes sistemas normalmente son híbridos. Poden servirse de minicentrais (eólicas, hidráulicas, fotovoltáicas, etc.) que lles acheguen enerxía de forma ininterrompida. Combinan, segundo o seu tipo, a forza producida polas turbinas que moven as fontes renovables, coa dun xerador diésel e outras, sempre procesadas mediante mecanismos que funcionan permanentemente. 

Así, por exemplo, a enerxía producida por un motor diésel aprovéitase para producir calor para a calefacción e a auga quente, iluminar unha estancia ou refrixerala. Unha instalación tipo podería estar composta basicamente por un grupo de coxeracion, un convertedor, un inversor, varios equipos electrónicos e os acumuladores necesarios. Hoxe en día, estes últimos, grazas aos avances técnicos, quedan exentos de mantemento. 

Un mecanismo, denominado transdutor de medida, informa dos parámetros eléctricos, térmicos e mecánicos á unidade central de control para que esta actúe sobre os mesmos, ben directamente ou activando os servosistemas de control. Deste modo, ponse en marcha ou párase o xerador diésel para producir unicamente a enerxía demandada, que pode ser a diferenza entre a emanada do motor e a producida nese momento por un muíño eólico, os paneis solares ou outra fonte renovable. 

É dicir, se o consumo se reduce ou cesa, o xerador párase e os acumuladores continúan a subministración. Un regulador mantén os acumuladores coa carga apropiada, prolongando a súa vida útil ao protexelos de sobrecargas ou sobredescargas. Os parámetros e a función do servocontrol quedan rexistrados e poden consultarse telematicamente.

Criterios de elección

Trátase de obter o máximo rendemento e a maior eficiencia enerxética, así como de prolongar no posible a vida útil de todo o sistema. E, aínda que pareza complexo, todos os elementos mencionados utilizan tecnoloxías suficientemente experimentadas, son fiables e atópanse dispoñibles no mercado. 

Por outro lado, a instalación eléctrica dun lugar alimentado por un sistema autónomo de xeración de enerxía precisa dúas liñas: unha trifásica, conectada á maquinaria da explotación, e outra monofásica, destinada ao alumeado, os aparellos domésticos e outros que precisen unha alimentación ininterrompida, como os ordenadores, o vídeo, o televisor, etc.

A tecnoloxía deste tipo de sistemas acostuma ser modular, ampliable e adaptable segundo as necesidades do usuario. Para deseñar estes equipos, os profesionais barallan criterios en canto ás fontes de enerxía e a súa capacidade. Entre as análises que contemplan salientan os estudos sobre os recursos renovables existentes no emprazamento. Os atlas de radiación solar e as medidas da velocidade do vento e a súa distribución, así como unha estimación do consumo da vivenda ou nave, son claves á hora de determinar cales serán as fontes de enerxía que alimentarán cada sistema autónomo. O consumo depende do número de artefactos e luces que se desexe abastecer e das súas horas de uso ao día.

O aforro de enerxía é moi importante no caso dos sistemas autónomos, xa que rebaixa o custo de mantemento e o investimento. Non obstante, a integración de diversas fontes enerxéticas rendibiliza o uso das enerxías renovables. Por isto, os sistemas autónomos mixtos considéranse respectuosos co ambiente. 


 

Artigos relacionados

A casa bioclimática 

Enerxía solar na casa

19 de febreiro de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.