Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Enerxía e ambiente
Os coches reducen as súas emisións

A partir de xaneiro de 2008 os coches con emisións de CO2 inferiores a 120 gramos ao quilómetro non terán que pagar o imposto de matriculación. E cada vez son máis os modelos, porque os grandes fabricantes de automóbiles demostran no mercado o seu compromiso co medio ambiente.

Tres de cada catro das marcas de coches que se venden na Unión Europea melloraron a eficiencia. Un estudo realizado por Transport & Environment (T&E) sobre esa vintena de fabricantes revela que o 75% non reducen as emisións coa suficiente rapidez. 

Non obstante, os fabricantes automobilísticos europeos están dispostos a reducir gradualmente as emisións de dióxido de carbono, pero non en solitario. A industria apoia o obxectivo da UE de reducións de CO2 ata unha media de 120 gramos por quilómetro en 2012. Tamén esixe ás administracións medidas adicionais. Por exemplo, que contribúan a diminuír os atascos, así como incentivos fiscais que fomenten en Europa a compra de vehículos máis ecolóxicos.

Os produtores automobilísticos queren chegar a un acordo co planeta. Investigan e defenden as políticas de protección medioambiental, pero atópanse con dificultades. A pesar de todo, na 62 edición do Salón de Frankfurt, a última celebrada, presentáronse 88 novidades mundiais que inclúen avances técnicos nesta liña.

Investigación, desenvolvemento e innovación
Europa é o principal continente produtor de vehículos, xa que fabrica un terzo dos 50 millóns de automóbiles que conforman a produción internacional. O sector xáctase de investir 20.000 millóns de euros ao año en I + D + i. O resultado faise notar, aínda que tal vez non tanto como lle gustaría á Comisión Europea. ACEA, a Asociación de Construtores Automobilísticos Europeos, asegura que un vehículo acabado de fabricar emite unha centésima parte do total de substancias contaminantes que lanzaba á atmosfera na década de 1970 e que o nivel de emisións de CO2 se reduciu nun 13% entre 1995 e 2005.

As firmas de coches pensan que a mellor maneira de reducir as emisións dióxido de carbono pasa por combinar melloras na tecnoloxía, novas infraestruturas viarias e un estilo de condución que persiga menor consumo. Incentivar o uso de carburantes alternativos é unha das tarefas que lles esixen ás autoridades para que se poida promover de forma integral "a mobilidade sustentable". A condución ecolóxica e a correcta posta a punto do motor, pola súa parte, precisan da complicidade e o compromiso dos condutores.

Tendencia verde
Pero, indubidablemente, os avances mecánicos fixeron posible unha redución de emisións inimaxinable fai tan só uns anos. O construtor italiano de automóbiles Fiat, por exemplo, acaba de presentar un Panda que só emite a cifra récord de 69 gramos de CO2 por quilómetro conducido.

Fiat tamén comezou a comercializar outros modelos respectuosos coa natureza, que se engloban na gama que denominou Natural Power. Os seus motores utilizan propulsores de dobre alimentación, gasolina e metano. O uso masivo dalgúns dispositivos, como o sistema StopStart de parada e arranque, permite reducir os consumos no ciclo urbano en máis dun 10%.

Ford desenvolveu igualmente unha gama de baixas emisións, ECOnetic. Os seus clientes poden elixir entre diversas alternativas de automóbiles con niveis de emisións considerablemente baixos. Os seus motores válense de avanzadas tecnoloxías common rail turbodiesel combinadas cunha selección de solucións desenvolvidas para rebaixar as emisións á atmosfera. Así, o novo Ford Focus ECOnetic, promete liberar unhas emisións de CO2 de apenas 115g/km, utilizando tecnoloxía de motores convencional, unha suspensión rebaixada, pneumáticos de baixa resistencia á rodadura, unha mellora aerodinámica e un filtro de partículas diésel. Este vehículo estará dispoñible en Europa a principios de 2008.

O fabricante francés PSA Peugeot-Citroën acuñou dúas denominacións para designar os modelos máis respectuosos coa natureza das súas dúas marcas: Blue Lion, para Peugeot, e AirDream, para Citroën. As súas emisións xa son inferiores a 130 gramos por quilómetro. Estes vehículos son fabricados en plantas que recibiron a certificación ambiental ISO 14001 e, ademais, son reciclables nun 95% ao final da súa vida útil.

PSA Peugeot Citroën presume de ser líder en Europa do mercado con menores emisións, xa que ocupa as vendas do 30% dos vehículos que emiten menos de 120 gramos de dióxido de carbono, principal gas con efecto de invernadoiro. Esta porcentaxe dóbrase incluso nos vehículos que emiten menos de 110 g/k de CO2. 

Como último exemplo, a terceira xeración do Renault Laguna sae cunha versión ecolóxica chamada "Renault eco2", que só emite 136 g de CO2 por km. Tamén o novo Laguna é respectuoso co medio ambiente desde a súa concepción ata a súa reciclaxe. 

Artigos relacionados: 
Plásticos biodegradábeis
Historia da reciclaxe de móbiles

15 de outubro de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.