Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Casa e fogar Enerxía na casa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Recíclate
Historia da reciclaxe de móbiles
Reciclado de móviles

Entre 10 e 12 millóns de teléfonos móbiles desbótanse en España cada ano. Non é de estrañar tendo en conta que a maioría dos españois cambian de terminal cada dous ou tres anos.


A velocidade de consumo deste artigo -o parque de móbiles en España é de 35 millóns- fai imprescindíbel unha fórmula segura para a súa reciclaxe e procesamento. O grande volume de residuos perigosos que xeran estes teléfonos e os seus accesorios propiciou, dende hai algúns anos, o desenvolvemento de varias iniciativas públicas e privadas para a súa recollida e reciclaxe.

Tragamóbil:a máis difundida
O proxecto pioneiro naceu en 2001 no seo da Asociación multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica e Comunicacións (ASIMELEC). Baixo o lema, Non me tires, recíclame puxo en marcha unha experiencia piloto que logrou recoller e tratar ata 2004 uns 175.000 quilogramos de residuos procedentes de móbiles e os seus accesorios.

A iniciativa chámase Tragamóvil e dende os seus comezos ata agora habilitou puntos de recollida específicos en toda España. dende xaneiro a setembro de 2004, o proxecto de ASIMELEC recolleu máis de 53.000 quilos de residuos de móbiles. A asociación considera que o custo de reciclar cada móbil é de 0,09 euros e que se pode aproveitar o 90 por cento dos seus compoñentes.

Ademais de recoller, reutilizar se é posíbel, ou destruír de forma controlada este tipo de lixo electrónico, esta campaña tamén pretende concienciar á poboación da importancia da retirada dos móbiles, xa que moitos deles dormen esquecidos en caixóns ou armarios dos fogares.

E é que na maioría dos casos, os teléfonos abandónanse á primeira de cambio sen intentar reparalos. En moitas ocasións sae máis barato mercar outro que levalo a arranxar.

Móbiles solidarios
O segundo proxecto español máis importante xurdiu en 2003 no seo da ONG Entreculturas, que xunto a Cruz Vermella, puxo en marcha www.donatumovil.org.

O obxectivo desta campaña chamada Pon o teu móbil onde máis se necesita é recoller os teléfonos que xa non se usan para reciclalos e destinar o diñeiro resultante a proxectos de educación e desenvolvemento entre os colectivos máis desfavorecidos. Ademais, perséguese concienciar a poboación da importancia de protexer e coidar o medio.

Para colaborar con Entreculturas e Cruz Vermella, só hai que depositar o teléfono e as súas compoñentes en calquera dos colectores especiais que hai nos 3.500 puntos de recollida, habitualmente situados en hipermercados e tendas que colaboran desinteresadamente con esta iniciativa.

¿Como actúan?
Neste caso, a loxística de recollida, reciclaxe e recuperación dos terminais realízaa a empresa CMR (Corporate Mobile Recycling Ltd.), que recicla os móbiles que non funcionan segundo os protocolos de protección ambiental e tratamento de residuos perigosos.

Se poden arranxalo, recupérano e a súa reutilización contribúe economicamente aos obxectivos de Entreculturas e Cruz Vermella cunha cantidade similar ao prezo de mercado dun móbil usado. Moitos destes teléfonos véndense en países do Sur, onde os móbiles son unha excelente alternativa a un servizo convencional, caro e de mala calidade.

20 de abril de 2005


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.