Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Recíclate
Plásticos biodegradábeis
Plásticos

Só un 44 por cento dos españois recicla os residuos plásticos, segundo un informe do Instituto Internacional de Estudos Sociolóxicos e de Mercado e do Instituto Tecnolóxico do Plástico (AIMPLAS).

Ante a cantidade de residuos deste material que se producen no noso país (unhas 5.000 toneladas ao ano), algunhas empresas puxéronse en marcha na investigación de plásticos biodegradábeis. A maioría dos plásticos que utilizamos a diario non son capaces de descompoñerse de forma natural, e permanecen durante anos contaminando o medio. De aí a importancia de idear fórmulas de envases plásticos que se destrúan despois do seu uso.

O Instituto Tecnolóxico do Plástico lidera a investigación sobre este tipo de materiais que se desintegran tras o seu uso: bolsas, caixas e envases plásticos para usos concretos como por exemplo a alimentación ou a agricultura, xa que o período de utilidade nestes sectores é curto.

Materiais que se degradan
Os plásticos biodegradábeis fabrícanse con materiais ou polímeros solúbeis en auga, fotodegradábeis e biodegradábeis que se dividen en catro grandes grupos:materiais naturais, como as proteínas, o amidón ou a celulosa; naturais modificados, como o acetato de celulosa; materiais compostos, que combinan partículas biodegradábeis como o amidón con polímeros sintéticos como o poliestireno; e por último, os polímeros sintéticos, como as poliésteres e os poliuretanos.

O plástico biodegradábel pode servir para fabricar, por exemplo, bolsas de lixo de calquera dimensión e grosor, con propiedades semellantes ás de polietileno, pero que se biodegradan en menos de 35 días en condicións de compostaxe. Son ideais para recoller restos orgánicos domésticos, restos de poda ou xardinaría.

Tamén se pode usar filme retráctil transparente para envases e embalaxes; plástico postal termoselábel para protexer xornais, revistas, etcétera; pratos vasos e bandexas en papel laminado e cubertas con plástico biodegradábel transparente.

Filme hidrosolúbel
A empresa valenciana Soluble Filme Packaging lanzou ao mercado un tipo de plásticos que se disolven en contacto coa auga: son os chamados alcohol polivinílico ou polietenol. A este plástico bautizárono como filme Monosol®/SFP e está composto por resinas de polivinilalcohol, plastificantes (glicerina, polioles), tensoactivos e auga.

Trátase dun filme ultradelgado e estábel, que se disolve tanto en auga fría como quente, e que ademais protexe ao produto. A empresa fabrica distintos tipos de plástico hidrosolúbel segundo o produto a protexer e en función da súa aplicación. 

4 de maio de 2005


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.