Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Decoración
A decoración de Nadal, unir propostas
imagen

Achégase o momento de decidir a decoración de Nadal no fogar. Chega a hora de ser continuista ou de arriscar polas novas tendencias, marcadas polas liñas monocromáticas e pola simplicidade.

En contra do que ás veces se pensa, a aposta pola modernidade non equivale a un incremento do investimento en adornos e obxectos, xa que estes poden obterse da natureza, da propia cesta da compra, ou incluso facelos un mesmo cun pouco de coñecemento e unha maior dose de imaxinación. 

Basta con fixarse nos escaparates dos comercios ou establecementos públicos para comprobar que a decoración de Nadal tamén fixo seu o lema de menos é máis e que mandan preceptos simples, os ambientes de cores únicas e os brillos sen estridencias. 
 
Antes de establecer o proxecto, é importante valorar as idades e as procedencias de quen habita no fogar. Se hai nenos, deberán engalanar os seus cuartos sen limitacións, nin restricións e poderán facer eles mesmos os seus adornos con teas, cartóns, pinturas, papeis de cores, cintas de plásticos, celofán... En fin, con todo aquilo que proporcione aos seus espazos un clima entrañábel e festivo.
 
Se hai persoas maiores, o respecto ás súas tradicións e costumes é incuestionábel, polo que poderán decorar as súas estancias con todo aquilo que potencie as súas lembranzas. Nas vivendas compartidas por inquilinos de nacionalidades e culturas distintas, as claves para acertar serán a tolerancia, a improvisación e a mestura. 

A arte da simplicidade
Os ambientes de Nadal actuais inspíranse na sinxeleza, nas propostas monocolores ou bicolores e na elección de poucos adornos. Para comezar, hai que botar un ollo no salón e ver que mobles se poden liberar de obxectos para incorporar os novos. Un par de baldas dun estante, un moble baixo ou unha mesa auxiliar poden ser o mellor lugar para unhas velas, unhas bases de vidro con pedras, labras ou pólas douradas e uns centros florais. O importante é acertar na composición, que ten que ser equilibrada e elegante.  

Se se aposta pola gama de branco e prata, poderanse colocar grandes bolas prateadas sobre cuncas de cristal e xunto a eles situaranse pólas brancas e espallaranse bágoas de vidro. Dúas velas brancas, finas e estilizadas completarán o conxunto. 

O vermello e o dourado reforzan a sensación de calor.  Con velas pequenas de ambas cores dispostas sobre unha ampla bandexa plana pódese crear un centro sorprendente e orixinal. Do respaldo das cadeiras poden colgarse cintas de raso, en dourado e vermello, ao igual que da árbore de Nadal ou dalgunha das paredes. Situar de forma estratéxica nalgún outro moble boliñas ou piñas douradas tamén será un acerto.
 
A cor viño e o verde escuro son indicio de bo gusto, pero poden precisar algún contraste de brillo para romper a intensidade de ambas tonalidades. Neste caso sempre haberá que colocar algún elemento dourado ou prateado xunto a outro granate ou verde. Para dar luminosidade a estas composicións, recoméndase incorporar unha grilanda de pequenas luces intermitentes ou fixas. 

Cómpre apostar por adornos simples como as pólas, os arames con boliñas, as cintas, as labras, as velas, os centros sinxelos, os recipientes de cristal ou metal, as bolas, as plantas, as follas aromáticas, as baias, os froitos secos, os pétalos, etc.  

Adornos sinxelos de facer
Outra forma de formular a decoración consiste en facer os adornos un mesmo. É unha boa maneira de involucrar aos membros da casa. Para os máis pequenos, a mellor opción será reunir papeis variados, pinturas, cartolinas, botes, latas, teas e caixiñas e pórse mans á obra. Poderán pintar as súas figuras (árbores, anxos, beléns, estrelas, papás Noel...) a tamaño real e recortalas para a árbore ou para pegar nas ventás, cortizas e paredes. As latas, os botes e caixiñas forraranse de papel brillante e faranse paquetes para colgar ou amorear en cestos. 
 
Para os adultos, o máis adecuado será apostar polos centros decorativos, que se realizarán nunha ou dúas cores como máximo. Os elementos que formarán a composición serán sempre un produto natural esférico ou ovalado (alcachofa, mazá, kiwi, laranxa, etc.), un par de bolas da mesma cor do produto e unha vela de igual tonalidade. Encaixaranse perfectamente nun recipiente de vimieiro ou cristal, ao que se adornará cunha cinta ancha da cor escollida, que se rematará cunha lazada vistosa. 

Unha proposta interesante para os que posúen xardín son os chamados biscoitos de neve. Para facelos encherase de neve un molde de biscoito que se introducira nunha ola con auga moi quente. Tras pasar un par de minutos sacarase, desmoldarase e colocarase no xardín cunha pequena vela acendida no seu interior. 


 


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.