Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Guía del consumidor
Uso responsable do ferro de pasar

Se ben a prancha é un dos electrodomésticos que máis enerxía consumen, facer un uso responsable da mesma, optimizando os tempos e os recursos do propio aparello, conseguirás aforrar enerxía.

O consumo enerxético dunha hora de ferro de pasar equivale a vinte horas de consumo de televisión ou a sete de ordenador, segundo a ONG Ecoloxistas en Acción. Facer un uso responsable deste electrodoméstico, non implica deixar de empregalo, senón seguir algunhas pautas que te farán optimizar os recursos do propio aparello e o tempo que o teñas conectado á rede de electricidade, ata conseguir un consumo máis moderado e aforrar enerxía.

En primeiro lugar debes fuxir da falsa crenza que di que empregar o ferro para poucas prendas consume pouca enerxía. E é que, o consumo eléctrico do ferro depende en boa parte do quecemento da sola. Así, a mellor opción consiste en pasarlle ao ferro a unha boa cantidade de roupa, de tal xeito que o gasto enerxético estará máis compensado, e non se desperdiciará a enerxía que se precisa para quentar o ferro.

Por outra parte conectar e desconectar o ferro en moitas ocasións, consume máis enerxía que o manter acendido durante un tempo consecutivo. Ademais, á hora de realizar o pasado de ferro, comeza polas prendas máis grosas ou que requiren máis calor, e deixa para o final da tarefa, aquelas máis finas, de tal modo que poidas desconectalo, e estirar as prendas coa calor que aínda conserva o aparello. 

É importante así mesmo ter clara a utilidade do ferro; non se trata dun electrodoméstico indicado para secar roupa, senón para estirala, aínda que por outra parte, é máis fácil alisar as prendas un pouco húmidas. Se están moi secas podes botarlles unhas gotas de auga antes de comezar. No momento de graduar a temperatura do ferro, non a poñas no nivel máximo de calor, senón no indicado pola propia casa para cada tipo de tecido. Nunca debes esquecer desenchufar o ferro, xa que ademais de desperdiciar enerxía dun xeito innecesario, podes pór en risco a túa propia seguridade. Algúns modelos, inclúen a opción de desconexión automática, de tal xeito, que se o aparello permanece inmóbil sobre unha prenda durante máis de medio minuto, apagarase. Antes de empregar o ferro revisa a superficie da mesma, para que estea sempre tersa e limpa. Deste xeito, a calor transmitirase dunha maneira uniforme. Ademais, o cable e a caravilla han de estar en perfectas condicións. 

Que ferro debes elixir?

Á hora de elixir un ferro hai que ter en conta que existen dúas posibilidades; por un lado os ferros eléctricos de vapor e por outro os de caldeira. Se ben os ferros de caldeira son máis lixeiros e ofrecen un acabado máis profesional porque requiren de menor temperatura para pasar o ferro, non convén menosprezar os de vapor. En cuestións de aforro, son aparellos complementarios e non excluíntes. Se tes volumes de roupa moi grandes, cómpre empregar o centro de pasado de ferro, ou ferro de caldeira, xa que tardan en quentar entre tres e oito minutos aproximadamente. No caso de poucas prendas, o ferro eléctrico convencional será máis axeitado.

 

Artigos relacionados

Garantías nos bens de consumo

A domótica e o aforro de enerxía

18 de abril de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.