Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Xardinería
Plantas perfectas para espazos reducidos

A proliferación dos pequenos apartamientos e estudios nas sociedades urbás durante as últimas décadas obligou ó mercado a reinventar novas tendencias.

Estilos, mobles e obxetos acordes cos novos fomatos de vivendas. O universo das prantas tamén se viu afectado por esta nova modalidade dos fogares, e si ben nos se levaron a cabo estratexias pra a producción de pequenas especies, é verdade que estas plantas gañaron protagonismo e cada vez son máis demandadas. En espazos axustados recoméndanse especies de pouco crecemento, como a Pilea cadierei, o Hipoestes, o Fento botón, a Roseira anana, a Nertera granadensis e algúns tipos de cactos e bonsáis. 

Pilea cadierei. Esta planta crece ben se ten suficiente luz (na estación fría cómpre situala xunto á ventá) e unha temperatura mínima duns 12ºC en inverno. Precisa un nivel de humidade medio e é aconsellábel pulverizar as súas follas levemente en épocas calorosas, períodos nos que tamén demanda un par de regos semanais, mentres que a partir do outono se conforma cunha achega hídrica cada sete días. 

Durante a tempada de crecemento (primavera e verán) viralle ben fertilizante e tamén haberá que recortar os seus talos uns centímetros para que presente un aspecto óptimo. 

Hipoestes.  Ao igual que no caso anterior, a luz resúltalle imprescindíbel para o seu desenvolvemento polo que cómpre situala en lugares luminosos. Porén, hai que ser prudente ao respecto, pois o exceso ou o efecto do sol directo poden provocarlle queimaduras nas follas. A súa esixencia de humidade resólvese pondo a maceta sobre unha capa de seixos con auga e a súa demanda de auga soluciónase aplicándolle tres regos semanais en verán e un en inverno. Cunha achega de fertilizante líquido cada tres semanas durante as estacións máis cálidas e unha poda regular das súas follas e flores danadas, o hipoestes manterase perfecto durante varias tempadas. 

Fento botón. É unha planta pequena, con follas redondeadas dun ton verde escuro, que se adapta perfectamente aos ambientes de interior sempre que manteñan un nivel de humidade adecuado. Este lógrase colocando a maceta sobre unha capa de seixos ou grava con auga. Precisa rego dúas veces cada dez días en verán mentres que na estación fría se conforma cunha única achega durante ese mesmo espazo temporal. Cómpre enriquecela con fertilizante líquido cada doce días durante os meses cálidos. 

Roseira anana.  É unha variedade da roseira, perfecta para o seu cultivo en interior, pero require unhas condicións de luz e de humidade apropiadas para que se desenvolva en total plenitude. Debe situarse nun lugar luminoso que á súa vez estea resgardado do sol directo e das correntes de ar. A humidade idónea conséguese pondo a maceta sobre unha capa de seixos ou grava con auga e pulverizando regularmente as follas, sobre todo en primavera e verán. Tempadas nas que tamén pide auga en abundancia, pero ollo!, non se debe regar nunca esta planta se se aprecia humidade dun rego anterior.  

Nertera granadensis.  É unha planta delicada que dá flores moi pequenas en primavera e baias laranxas ou amarelas en verán. Hai que situala en lugares luminosos e frescos e afastala dos raios directos do sol. O rego máis apropiado consiste en colocar un recipiente con auga baixo a maceta, pero pouco tempo, de forma que chupe o líquido sen encharcarse. Non convén pulverizar nin mollar as súas follas.  

Cacto.  As plantas suculentas e os cactos aguantan ben en ambientes secos e luminosos, e a súa necesidade de rego é menor que o de outras especies. Nas estacións calorosas cómpre regar cada quince días sempre que a terra estea completamente seca. Se non é así, será mellor espazar uns días máis a seguinte achega líquida. Recoméndase fertilizar co inicio da floración. Existen moitos tipos de cactos e a elección do adecuado pasará pola consulta ao especialista do viveiro, pero algunhas variedades pequenas son o Oroya neoperuviana, o Stenocactus, a Frailea e varias especies de Mammillaria. 

Bonsáis.  Hai moitas variedades que dan resultados estupendos como bonsáis de tamaño reducido. É o caso do Buxus sempervirens, a Crassula sarcocaulis, a Fuchsia, a Punica granatum e a Spirae xapónica, entre outras. En xeral, cómpre situalos en lugares luminosos, regalos cando se aprecie sequidade na terra (introdúcese a maceta nun recipiente con auga e escórrese posteriormente) e podar os brotes novos nos meses de verán. A Fuchsia, en concreto,  require abundantes recortes no momento do transplante, ademais de coidados constantes polos cambios térmicos que se poidan producir na estancia, e fertilizante regular e frecuente durante o período de crecemento. 

 


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.