Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Ocio e cultura
Facebook, a rede social dos universitarios

O último fenómeno das comunidades virtuais chámase Facebook. A esta rede social súmanse cada día 200.000 novos usuarios e xa se converteu nunha das empresas con máis valor de Internet. Microsoft acaba de adquirir unha participación do 1,6% no capital da empresa pola nada desprezable cifra de 240 millóns de dólares.

Un tímido estudante universitario chamado Mark Zuckerberg, que hoxe ten 23 anos, fundou Facebook en 2004. Orixinalmente creouse para estudantes da Universidade de Harvard (Boston, Estados Unidos). Porén, desde setembro do ano pasado calquera persoa que dispoña dunha conta de correo electrónico pode darse de alta no servizo, dispoñible só en inglés.

A partir dese momento, Facebook comezou a crecer de forma meteórica ata se converter nunha das 20 páxinas máis visitadas de Internet e o primeiro sitio de redes sociais despois de MySpace. Na actualidade, 47 millóns de usuarios de todo o mundo poden crear nesta web o seu propio espazo virtual e comunicarse con outros usuarios da comunidade.

O despegue de Facebook coincidiu coa apertura do sitio a todos os usuarios da Rede e, posteriormente, aos programadores alleos á empresa. Isto último foi fundamental para se gañar un bo feixe de adictos e atraer, de paso, a novos anunciantes. 

Aplicacións extra

Coa apertura da súa plataforma a terceiras empresas ou programadores independentes o pasado mes de maio, os usuarios de Facebook puideron engadir aos seus perfís novas e útiles aplicacións. Xa se crearon centos de ferramentas especificamente para o sitio, que van desde o máis altruísta -como sistemas de recadación con fins solidarios- ata o máis absurdo -un programa para enviar dentadas a outros usuarios e convertelos en zombis-. 

Entre as aplicacións máis interesantes salientan Zoho, que permite integrar un paquete ofimático en Facebook, e “Where I've Been”, que é un mapa onde os internautas poden marcar os lugares onde viviron ou aos que viaxaron. Hai ademais unha ferramenta que permite introducir no perfil distintos tipos de reprodutores de música, e tamén é posible incluír enlaces a webs de interese para o usuario, ou integrar fotos de Flickr e vídeos de YouTube.  

Outra funcionalidade de Facebook moi apreciada polos usuarios é un espazo de anuncios clasificados chamado Marketplace. Aquí pódense atopar desde ofertas de traballo ata anuncios inmobiliarios ou de venda de calquera tipo de obxectos. 

Círculos sociais

Como se viu, Facebook aglutina nunha sola plataforma moitos servizos da chamada Web 2.0. O usuario ten incluso a posibilidade de crear un blog, para o que se pon á súa disposición unhas sinxelas ferramentas. Así mesmo, pódense elixir círculos sociais en función do lugar de procedencia, a Universidade na que se estudou ou o lugar de traballo.

Cada círculo presenta unha portada na que aparece unha selección dos membros e os vindeiros eventos creados polos usuarios. Cada membro ten a capacidade de decidir quen ten acceso á súa información. Así, pode restrinxir o paso ás fotos da súa última viaxe a todo aquel que non pertenza ao seu grupo de amigos íntimos. O resto do círculo social non poderá acceder.

Ademais, grazas á sindicación de contidos ou RSS, o usuario pode recibir as noves que vaian publicando os seus amigos e pode gardar no seu perfil todos aqueles contidos que lle resultasen interesantes. 

Cabe mencionar, por outro lado, que os usuarios de Facebook conceden á compañía un permiso permanente para copiar ou distribuír publicamente calquera contido que se suba ao portal.

De momento, Facebook só está dispoñible en inglés, pero espérase que cos 240 millóns de dólares que vai ingresar, como consecuencia da participación de Microsoft, acometa algúns dos anunciados proxectos, entre eles lanzar o sitio en español e noutros idiomas. 

Artigos relacionados:
Web 2.0: a Rede interactiva
Twitter: “blog”, mensaxería instantánea e SMS

6 de novembro de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.