Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Ocio e cultura
HD: Preparados para a alta definición

Hoxe en día a maioría de televisións que se amosan nos escaparates das tendas levan o logo HD Ready ou Full HD. Isto quere dicir que están preparadas para que o espectador goce da alta definición (high definition). Agora ben, de momento só o poderá facer se dispón dunha videoconsola de última xeración ou dun reprodutor Blue-Ray ou HD-DVD.

Para que un dispositivo sexa considerado apto para a alta definición debe cumprir, polo menos, tres requisitos, ditados pola Asociación Europea de Empresas de Tecnoloxía da Información e a Comunicación (EICTA, as súas siglas en inglés). En primeiro lugar, debe ter unha resolución mínima de 720 liñas verticais, cando a televisión analóxica, a de toda a vida, emprega 576 liñas para compor a imaxe, o que se coñece como sistema PAL. 

En segundo lugar, as televisións HD deben aceptar a entrada da alta definición a través dunha conexión analóxica por vídeo compoñente e unha dixital (DVI ou HDMI) que soporte HDCP (sistema destinado a garantir a protección de datos). Finalmente, estas conexións deben ser compatibles cos formatos de vídeo 720p (1.280 x 720 píxeles escaneados de forma progresiva) e 1080i (1.920 x 1.080 píxeles escaneados de modo entrelazado).

Full HD
Todas estas características cúmprenas as pantallas HD Ready. Pero existen aparellos cunha resolución maior, son os etiquetados como Full HD ou plena alta resolución, que na actualidade é a maior que se pode gozar nos fogares. 

Un televisor Full HD soporta 1.080p (1.920 x 1.080 píxeles escaneados de modo progresivo), polo que a calidade de imaxe e notablemente superior. 

O problema da tecnoloxía Full HD é que, a diferenza da HD Ready, carece de estandarización, o que pode levarlles a confusión aos consumidores. Así, existen á venda pantallas co logo Full HD que non son capaces de aceptar sinais en formato 1.080p.

Sacarlle partido
Para gozar ao máximo da alta definición hai que dispor dunha fonte de sinal "ad hoc". É dicir, de pouco servirá ter un espectacular televisor último modelo se non se recibe sinal en HD ou o reprodutor de DVD do salón non admite este formato. 

En España, de momento, non hai emisións regulares de televisión neste sistema. Cabe lembrar que a Televisión Dixital Terrestre (TDT) non emite en alta definición, aínda que tecnicamente é posible e pode que algún día as principais cadeas se decidan por este formato. Para isto terían que empregar algún sistema de compresión e xuntar o ancho de banda dos catro canais de emisión que recibiu cada unha delas. En Estados Unidos e nalgúns países europeos fai tempo que as televisións emiten en HD.

Os entendidos din que o sinal televisivo en "high definition" chegará primeiro aos fogares a través de emisións por Internet, satélite e cable, e ao final tamén por TDT, pero non antes do apagón analóxico, previsto para o ano 2010.

Mentres isto non sucede, a porta de entrada á alta definición en España son os reprodutores HD-DVD ou Blue-Ray e as videoconsolas de última xeración como PlayStation 3 ou Xbox. A primeira inclúe un reprodutor Blue-Ray, mentres que a segunda se pode conectar a un reprodutor externo de HD-DVD, aínda que se rumorea que Microsoft planea sacar ao mercado un modelo co lector xa integrado.

Artículos relacionados:

- HD-DVD: a alta definición chega ao video

- O fogar dixital, unha realidade
28 de novembro de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.