Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Ocio e cultura
Bloques lóxicos

Xogar e desenvolver o pensamento lóxico ao mesmo tempo é posible dun xeito sinxelo, económico e divertido para os máis cativos, grazas ao que se coñece como “Bloques lóxicos”.

Trátase dun recurso pedagóxico moi empregado nas aulas e que ten como finalidade introducir os nenos en conceptos lóxico – matemáticos. Así, os bloques lóxicos compóñense de 48 pezas de madeira ou plástico de fácil uso. Cada elemento defínese sempre por catro variables; isto é, cor, forma, tamaño e grosor e cada bloque de elementos diferenciarase doutro nalgunha característica. Así, o pequeno atoparase con diferentes situacións a través das que poderá adquirir conceptos matemáticos e en última estancia desenvolver o seu pensamento lóxico.

O uso dos bloques lóxicos fará que o neno chegue a nomear e recoñecer cada bloque, recoñecer as súas variables e valores, clasificalos atendendo a un único criterio, comparalos etc.

Diversos xogos cos bloques

Familias por criterio 
Neste xogo el niño deberá agrupar diferentes elementos tendo en conta unicamente un criterio. Por exemplo as cores. Así, o neno fará unha agrupación e en segundo lugar será o pai ou nai o que agrupe e pregunte polo criterio. Desta forma aumentarán os criterios que entran en xogo segundo o nivel dos cativos.

Agochos con bloques
Este xogo consiste en quitar unha peza e pedirlle ao neno que indique cal é a que non está nese momento e que antes estaba. Cos cativos trabállase normalmente de tres a sete pezas.

A serpe
Debúxase unha serpe en varios folios unidos. O corpo do animal dividirase e en cada porción colocarase un bloque lóxico movible de forma que nalgunhas das particións non se poña nada. Segundo a secuencia creada, será o neno o que terá que adiviñar que peza terá que colocar.

Camiños e bloques
Existen varias posibilidades de xogo. O primeiro deles consiste en facer un camiño con bloques que o neno ten que atravesar nomeando todos os bloques. Se se confunde ten que volver a empezar. Outra opción é a seguinte: trátase de construír un camiño dando un criterio. Estilo dominó, comézase cunha peza e a seguinte ten que gardar relación con algunha variable da anterior. Por último, outro xogo consiste en darlle ao neno o camiño formado e que sexa el quen adiviñe que relación ten cada unha coa anterior.

Fortalecer a memoria
Para esta actividade colócase a ficha, sen ningún criterio. Posteriormente quitamos unha ficha e preguntámoslle ao neno cal falta.

Pintando con bloques
Esta opción consiste en elaborar sobre un papel, ou cartolina, diferentes casas. Por exemplo unha casa pequena vermella e unha grande amarela. As casas terán de tellado un triángulo, de fachada dous cadrados e a un lado un patio coa forma dun rectángulo. Así, o neno deberá colocar encima de cada debuxo o bloque correspondente para o que nos casos anteriores se precisa que o neno distinga entre grande e pequeno e entre vermello e amarelo. 

 

Artigos relacionados

Crebacabezas xeográficos, aprender xogando

Crebacabezas 3D: lóxica e percepción espacial

24 de xaneiro de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.