Confrarías, Nazarenos e Irmandades cristiás de toda España agardan durante todo o ano a celebración dunha das festas máis importantes do Cristianismo: A Semana Santa. En que consiste esta festa? Como se conmemora? En que lugares se celebra?
A Semana Santa é o período que transcorre desde o Domingo de Ramos ata o Domingo de Resurrección. É o período de máis intensa actividade dentro da Igrexa, xa que se conmemora a Paixón, Morte e Resurrección de Xesucristo. Iníciase lembrando a Entrada triunfal de Xesús de Nazaret en Xerusalén o Domingo de Ramos, a lombos dun burro. Os Evanxeos describen como a xente lle facía un corredor para que pasase e alfombraba o seu camiño deixando pequenas pólas. Hoxe en día, na localidade alacantina de Elche, “A procesión das Palmas”, que conmemora esa data, é a máis festexada de toda a Semana Santa. Decenas de miles de ilicitanos percorren, acompañando ao trono de Xesús Triunfante (pas de la burreta) as principais rúas do centro da cidade, portando as palmas brancas elaboradas por familias artesás da cidade e procedentes do Palmeiral de Elche.
O Xoves Santo é significativo porque se conmemora a Última Cea que Xesús viviu cos apóstolos, xa consciente de que ía ser detido esa mesma madrugada. Así, Sevilla celebra con especial devoción esta xornada, no que se coñece como “La madrugá”. As irmandades do Cristo del Gran Poder, a Macarena, El Cristo de los Gitanos ou a Esperanza de Triana, toman as rúas máis importantes da capital hispalense durante a noite do xoves ao venres, acompañadas de centos de nazarenos con imaxes sostidas por portadores, e baixo o canto roto dalgunha saeta ao paso de cada unha das imaxes.
Durante o Venres Santo, a Semana Santa chega ao seu punto máis sublime: o momento da Paixón de Cristo. Xesús de Nazaret realizou o camiño cara á cruz (Via Crucis), onde posteriormente foi crucificado e morreu. Durante esta xornada, Murcia, engalanada e solemne, ao igual que moitas outras localidades da xeografía española, saca as súas procesións á rúa. O particular desta celebración é a arraigada tradición dos seus pasos, como o de “los morados”. As esculturas de Salzillo teñen ademais gran valor artístico.
O Sábado Santo é un día de loito, silencio e espera. Tal e como interpreta a Biblia, durante esa xornada, Xesús descansa no seu sepulcro, mentres que a súa nai, María, o vela. A Igrexa recupera esa xornada de dolor, valentía e esperanza da Virxe María con diferentes liturxias. A celebración cristiá máis importante do ano sucédese durante esa noite; é a Vixilia Pascual. Valladolid celebra esta xornada co ofrecemento das dores á virxe e o coñcido “Traslado del Cristo Yacente”, obra esculpida por Gregorio Fernández entre 1631 e 1636.
O Domingo de Pascua é o día no que Xesús saíu do seu sepulcro. A historia conta que ao amencer, tres mulleres foron ao lugar onde Xesús estaba soterrado e viron que o seu corpo xa non estaba alí. Cando un anxo lles conta que resucitara, as mulleres foron correndo onde estaba a Virxe cos Apóstolos para darlles a gran noticia. Pedro e Xoán correron ap sepulcro e viron as vendas no chan. O desconsolo pola morte do seu Mestre transformouse nunha inmensa alegría que, na actualidade, se traduce como un día para a esperanza.
Nalgunhas cidades españolas, a Semana Santa prolóngase ata o Luns de Pascua. En realidade esta festa pertence non á Semana Santa, senón que é o primeiro día da Oitava de Pascua ou Semana de Pascua. As Comunidades que se adhiren a esta festa son Navarra, País Vasco, Comunidade Valenciana e Cataluña. En Cataluña por exemplo, é tradición regalarse entre padriños e afillados doces de chocolate ou monas de pascua.
Artigos relacionados
- Voluntariado, axuda e gratifica
O máis lido
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.