Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Ocio e cultura
Modelando plastilina

Facer figuras de plastilina é relaxante, divertido e ideal para compartir o tempo libre cos máis cativos. Xogar con plastilina xa non é só cousa de nenos. O modelado desta pasta é unha actividade divertida, relaxante e ideal para fortalecer a destreza manual tamén dos adultos.

Ademais, ao tratarse dun material mol e moi manexable, converte a súa manipulación en algo sinxelo e que permite ao mesmo tempo obter bos resultados e figuras cheas de detalles.  Anímate e entra no mundo da plastilina!

Materiais e modo de traballo

Modelar plastilina require de materiais fáciles de conseguir e económicos ao mesmo tempo. Así, é suficiente contar con diferentes barras de cores da materia prima, isto é, a plastilina, un taboleiro de fibracel limpo e palillos de dentes, para debuxar sobre a pasta ou facer detalles. Así mesmo, é importante contar con algunha taboíña de madeira (de aglomerado) para utilizala como base das figuras a realizar. 

En canto ao modo de traballo, hai que ter en conta que a plastilina é un material moi brando e graxento, polo que o traballo non resulta demasiado custoso. Darlle formas dispares e complicadas non é difícil. Isto fai ao mesmo tempo que se poidan conseguir minúsculos e complexos detalles, aínda que por outra parte ten a desvantaxe de non se endurecer. Así, unha figura de plastilina pode estragarse con facilidade. 

Para protexer a figura de plastilina convén, unha vez estea completamente rematada a peza, cubrila con dúas capas de cola branca. O pegamento, ademais de endurecer a pasta, dará moito brillo e tonalidade á figura.

Outra das propiedades da plastilina é a posibilidade de mesturala. Neste sentido, cando non se teñen suficientes cores, pódense combinar, ao igual que se fai coa pintura para conseguir novos tons; a mestura de amarelo e azul resultará verde, o azul e o vermello xuntos formarán o morado etc.

Un canciño de plastilina

Dito isto, a mellor maneira de descubrir o divertido da plastilina é traballar con ela. Por isto propómosche realizar paso a paso unha figuriña sinxela e bonita ao mesmo tempo; trátase dun canciño. 

En primeiro lugar, modelarás o corpo. Para isto terás que empregar plastilina de cor café e con ela formarás un ovo. Por un dos seus lados achataralo para colocar posteriormente a cabeza do animaliño. Para darlle forma á cabeza, realizarás un paso similar ao anterior, aínda que nesta ocasión, o ovo será obviamente máis pequeno. As orellas serán dúas pezas planas e pequenas, colocadas a cada lado da cabeza do animal.

As patas tomarán forma con dous cilindros de plastilina, que se dobrarán un pouco no extremo para evitar a sensación de rixidez. Unha vez colocadas, realizarás os brazos, que serán un pouco máis curtos e irán pegados ao peito do animal. Cun palillo marcaremos tres dedos en cada unha das súas extremidades. 

Para o fociño precisarás un anaquiño de plastilina de cor negro en forma de pera, e para os ollos, dúas boliñas brancas esmagadas. Finalmente, coa punta do palillo, collerás un pouco de plastilina negra e formarás as pupilas do can. 

En canto á cola, só precisas unha tira rematada en punta que colocarás na parte traseira do animal, mirando cara a arriba.  

Unha vez rematado, aplica dúas capas de pegamento brando, que endurecerán a figura e así evitarás que se rompa.

 

Artigos relacionados

Crebacabezas 3D: lóxica e percepción espacial

Bloques lóxicos

13 de febreiro de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.