Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Ocio e cultura
Radio en liña

Teñen os transistores de radio de toda a vida os días contados? Probabelmente a resposta sexa si. O culpable: Internet. A radio on-line ofrece unha maior calidade de son e un amplo abano de emisoras -nacionais e estranxeiras- a un “clic” de rato. Todo isto sen esquecer o “podcasting” e as radios semánticas ou a carta, que fan furor na Rede.

A radio en liña é máis antiga do que se pensa. Internet Talk Radio considérase a primeira emisora online. Foi desenvolvida por Carl Malumud en 1993 e empregaba unha tecnoloxía denominada MBONE. Dous anos máis tarde, en 1995, nacía a primeira estación de radio exclusiva por Internet de tempo completo. Chamábase Radio HK e emitía exclusivamente música de bandas independentes. 

Posteriormente, unha vez que se foi consolidando a tecnoloxía e a banda ancha, as emisoras tradicionais comezaron a desembarcar na Rede e apareceron miles de radios que funcionan mediante o sistema streaming (arquivo que se descarga e se escoita ao mesmo tempo e que non pode ser gravado). Programas como Shoutcast axudaron a popularizar este formato.

Sintonizando
Hoxe en día calquera ordenador está preparado para sintonizar e escoitar radio por Internet. O único que se precisa é unha conexión ADSL, tarxeta de son, altofalantes e un programa de reprodución, como RealPlayer, WinAmp, os que veñen por defecto co sistema operativo (Windows Media Player ou iTunes), ou XMMS e Amarok para Linux. Hai emisoras que se escoitan desde a propia páxina web (a maioría das convencionais) e outras son accesíbeis directamente desde o reprodutor, polo que non é necesario abrir o navegador. 

Para localizar unha radio no ciberespacio simplemente hai que acudir a un buscador tipo Google ou Yahoo! ou, máis cómodo se cabe, a un radio-buscador. Live365, Radiotower, Surfmusic ou Omninternet están entre os radio-buscadores máis utilizados pola comunidade internauta. Teñen un amplo catálogo de radios, xeralmente clasificadas por continentes e tipo de música que emiten. A vantaxe que teñen estes buscadores é que permítenlle ao usuario escoitar directamente a programación, sen necesidade de pasar pola web oficial da emisora. Ademais, facilitan información sobre a calidade da emisión e o tipo de software requirido.   

Nestes mesmos buscadores pódense encontrar emisoras en español, pero hai outro tipo de directorios máis centrados en radios hispanas, como Linkopedia, StarChat, Vidauna ou Portalmix. 

Ao gusto do oínte
Pero a Rede non se limita só a ofrecer programas radiofónicos convencionais. Hai outras formas de radio que xurdiron ao calor do extraordinario desenvolvido da Web 2.0 ou Internet social, como o “podcasting” e as radios musicais semánticas. 

O “podcasting” consolidouse como forma de expresión e o seu éxito vai ligado ao dos reprodutores MP3. Cando xurdiu este fenómeno, fai agora uns tres anos, algúns periodistas referíronse a el como unha “revolución do audio amateur”. O creador dun “blog” convertíase en locutor do mesmo. 

O “podcasting” supón a creación e distribución de arquivos de son -de contido variado- mediante RSS (sistema para sindicar información en Internet). Precisamente, a sindicación é a principal vantaxe do “podcasting” fronte á colocación de arquivos de son nunha páxina web. O sistema RSS avisa da presenza de novos contidos para descargar. 

Con este sistema, o internauta escoita un programa de radio sobre os temas que máis lle interesan, ao tempo que os creadores se converten, premeditadamente ou non, en predicadores de la Red que se dirixen a unha audiencia fiel.

Entre os “podcast” en castelán máis populares atópanse, entre outros, Podcast-es.org, Comunicandopodcast.com, ipunkrock.net ou El Bloguipodio.

As radios musicais semánticas, pola súa parte, gardan certa relación cos “podcast” no sentido de que ofrecen ao usuario o que quere escoitar. En principio, ninguén oirá a través destas emisoras online nada que non sexa do seu gusto. Unha radio semántica analiza as preferencias musicais do oínte, a través das cancións que elixe escoitar, e a partir de aí crea un perfil de usuario.

Cos perfís que elaborou, forma grupos de gustos similares e ofrécelles música que sospeita que pode ser do seu agrado. Créase así unha radio que emite só cancións que se axustan aos gustos do internauta. 

Pandora é quizais a radio semántica máis popular, aínda que na actualidade non permite o acceso á maioría de usuarios residentes fóra de Estados Unidos -España incluída- por un asunto de licenzas. Se se pode acceder a Last FM, que rexistra a música que se escoita a través do ordenador; Mercora, que permite introducir cancións para compartilas con outros usuarios, ou Jamendo, sitio no que os artistas poñen as súas cancións a disposición de quen queira descargalas libremente.


Artigos relacionados:
Códigos de barras no móbil
Twitter: “blog”, mensaxería instantánea e SMS

9 de outubro de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.