Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Ocio e cultura
Repsol, reafírmase na Rede

A aposta contundente de Repsol polas novas tecnoloxías e Internet desde os seus inicios, así como o amplo catálogo de contidos a disposición do usuario ou a súa firme vocación de servizo, fan que repsolypf.com se consolide como unha das webs máis vistas, con máis de 2,5 millóns de visitantes únicos.

O compromiso de Repsol coas novas tecnoloxías e Internet desde os seus inicio sé un feito real do que podes gozar facilmente. As melloras continuas do portal da compañía en Internet, a última sen ir máis lonxe en 2007, deron xa os seus froitos: 110 millóns de páxinas vistas, máis de 4 millóns de visitas e 2,4 millóns de usuarios, segundo datos ofrecidos por OJD.

Neste sentido, a estratexia multicontidos da páxina permitirate atopar información especializada e feita a medida de usuarios e clientes, en torno a diferentes temáticas; ao mundo do motorfogar e as viaxes. Así por exemplo, a sección casa e fogar permítete acceder comodamente a contidos completos e variados sobre vivenda, enerxía no fogar, cociña, ou actividades relacionadas coa familia e o ocio na casa.

Así mesmo poderás acceder dun modo sinxelo a toda a información sobre produtos e servizos e todo aquilo relacionado coa actividade de Repsol, ou de interese para investidores. Ademais, outra das vantaxes  máis importantes que incorpora a web, son as súas versións idiomáticas íntegras en catalán, galego, éuscaro e inglés, ademais do castelán.  

Guía CAMPSA 2008, tamén no teu móbil

Se viaxar xa che parecía sinxelo coa Guía CAMPSA, que conta con mapas de estradas de España, Portugal, Andorra e sur de Francia, ademais de rueiros e información turística de máis de 1.000 municipios e 2.100 hoteis e restaurantes, a edición en liña da mesma non podía ser menos. Neste sentido, a Guía permitirate dispor de actualizacións cartográficas tres veces ao ano, calcular rutas personalizadas, consultar mapas e rueiros de máis de 75.000 municipios de España e Europa ou localizar máis dun millón de puntos de interese.  Por outra parte facilitarate información meteorolóxica ou sobre o estado das estradas en tempo real.

Pero este servizo vai máis lonxe se cabe. E é que a Guía CAMPSA está tamén no teu móbil. Non importa se estás en Sevilla, en París ou en Bilbao, porque se es cliente de Movistar, accedendo ao menú  Emoción, atoparás facilmente a Guía CAMPSA. Así, podes consultar desde calquera lugar e en calquera momento, enderezos, calcular rutas ou recibir información sobre restaurantes, hoteis e estacións de servizo, entre outros. 

Blogo de Dani Pedrosa

Os amantes do mundo do motor teñen un espazo de ocio, información e servizo no portal de Repsol. Sen ir máis lonxe o Blogo de Dani Pedrosa, permíteche coñecer da man do piloto todo acerca das competicións, e das súas experiencias como piloto. O blogo, que recibiu máis de 1.200 comentarios positivos con tan só 6 post publicados, divídese en tres categorías; unha dedicada ao Gran Premio, outra sobre aquilo que lle ocorre nas carreiras e a última que fai referencia á moto Honda RC212V. Desde este espazo podes acceder tamén ao blogo dos mecánicos Repsol Honda Team, ver a moto do piloto en tres dimensións, descargar contidos para o teu móbil, ou enviar mensaxes de ánimo a Pedrosa. 

Máis aínda. Se realmente es afeccionado ao motociclismo resultarache divertido participar en O Desafío Repsol. Durante 2007 foron 43.000 as persoas que se atreveron a participar. Se aínda non o coñeces, estás a tempo.

Trátase dun xogo no que os participantes terán que demostrar os seus coñecementos sobre este deporte, e sobre o equipo Repsol Honda e os seus pilotos. Os participantes poden crear grupos de amigos e responder ás preguntas do equipo Repsol Honda. O Desafío Repsol darate a oportunidade de gañar algún destes magníficos premios: unha motocicleta Honda CBF250, ou viaxes a diversos destinos, entre outros. Para participar, simplemente terás que te rexistrar na páxina de Repsol. 

50 aniversario da bombona de butano

Con motivo do 50 aniversario do nacemento da bombona de butano, Repsol permítete descubrir a través da web a súa historia, a evolución experimentada no sector e todo tipo de anécdotas acerca da bombona. Ademais poderás coñecer as orixes do butano e as súas propiedades a  través de divertidas animacións, contar as túas experiencias coa bombona, ou xogar ao tradicional come cocos  coa botella de butano como protagonista.

 

Artigos relacionados

Web 2.0: a Rede interactiva

Día da Internet

5 de maio de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.