Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vivenda > Reportaxes > Arrendar casa
Cando os inquilinos provocan danos
Dos jovenes

Os alugueres inmobiliarios están en auxe debido, principalmente, ao encarecemento na compra da vivenda. Nun contrato de aluguer o arrendador e o arrendatario teñen dereitos e deberes que cumprir, recollidos na Lei de arredamentos urbanos.

 
Non obstante, hai outros deberes que non están recollidos na lei e que se adoitan negociar verbalmente entre as partes. Para evitar problemas, algunhas compañías de seguros poñen a disposición dos seus clientes pólizas de fogar que recollan estas eventualidades.
 
Asegurar o continente da vivenda
Cando o piso alugado non ten mobiliario, a solución máis aconsellábel é que o dono do piso asegure o continente da vivenda -cristais, canalizacións, paredes, etcétera- e que o inquilino se responsabilice dos aparellos da casa. A compañía pode ser a mesma ou diferente, pero case todas esixen que o propietario da vivenda comunique o nome e os datos da persoa á que llo ten arrendado. Desta forma, o inquilino pode comunicar sinistros de fogar coa póliza do dono do piso se fose necesario.
 
Se o piso alugado ten mobiliario, o máis aconsellábel é que o propietario contrate unha póliza que asegure o contido e o continente do fogar, facilitando igualmente os datos do inquilino.
 
Danos a un terceiro
No caso de que o inquilino lle cause un prexuízo a un veciño, terá que determinarse a súa causa para buscar responsabilidades. Se o dano foi, por exemplo, por unha rotura de canalizacións ou similar, isto está recollido na póliza do dono do inmóbel, polo que a responsabilidade civil lle corresponderá a el.
 
Non obstante se a deterioración na vivenda lindante foi provocada por unha neglixencia do inquilino -deixar as billas abertas, derramamento accidental de auga-, será este que teña que facer fronte aos gastos que ocasionara na outra vivenda, así como na alugada.
 
Antes de formalizar un contrato de aluguer, é conveniente que o arrendador e o arrendatario determinen o tipo de seguro que cada un vai contratar, para evitar posíbeis problemas por incumprimentos das obrigas derivadas deste.
 
Animais de compañía
Se o inquilino ten animais de compañía, é recomendábel que dispoña dun seguro que garanta a cobertura dos danos físicos ou materiais que poida causar. Este seguro só é obrigatorio no caso de animais potencialmente perigosos -algúns cans de gran tamaño están obrigados a iso-, pero é aconsellábel contratalo de cara a evitar denuncias por responsabilidade civil.
 

22 de agosto de 2003


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.