Que pode facer o propietario dunha vivenda se decide pola en aluguer para que resulte atractiva para os potenciais inquilinos? Cales son as súas obrigas legais? Dar resposta a estas preguntas serviralle de garantía para pechar un bo trato.
ntes de entregar as chaves a un arrendatario e de subscribir o contrato, o dono dunha casa en arrendamento deberá asegurarse de que está disposto a cumprir coa legalidade no tocante aos seus deberes como arrendador. Despois, se persiste na súa idea, ademais de "lavar a cara" ao inmoble, convirá que revise detidamente cada unha das cláusulas do documento que vaia asinar xuntamente co inquilino. Esta tarefa simplifícase e é máis fiable se se fai con axuda dun avogado ou un experto inmobiliario.
Pequenas reformas
Probablemente, e para facer máis rendible o aluguer, a maioría das casas requiran algún tipo de reforma antes de que o propietario poña o cartel ou publique o anuncio dos eu arrendamento. É importante terminar as obras previamente, logo xa se porán iniciar as visitas dos posibles inquilinos. Outra opción, máis complicada, é buscar un arrendatario que arrende o piso tal e como estea. O propietario aforrarase a reforma e o inquilino uns cantos euros na renda mensual.
Desde o punto de vista do propietario, hai que contemplar que, se ben supón un pequeno investimento, o feito de emprender algunha reforma asegura maior rendibilidade ao arrendar a propiedade.
E se ben non sempre será necesario reconstruír un piso, convirá darlle un lavado de cara, xa que as casas, como o resto dos produtos, "entran polos ollos". Por isto, hai amosalas limpas e en bo estado. Gran parte dos potenciais arrendatarios preferirán evitar ter que facer amaños.
Así, por exemplo, é recomendable pintar a vivenda por hixiene. Unha man de pintura pode ademais darlle un toque máis actual. Hase de prestar a mesma atención aos chans. Se son de madeira, en ocasións será suficiente enceralos para deixalos limpos e brillantes. Noutras, será indispensable acoitelalos e vernizalos.
O aspecto da cociña e dos baños é primordial. Será moito máis fácil alugar a casa se están limpos e en bo estado de conservación. A priori cambiar un azulexado resulta traballoso, ao ser unha obra de envergadura. Non obstante, pode merecer a pena cambiar os azulexos; hainos moi económicos.
Respecto á iluminación, para que as visitas non se queden sen ver ningunha estancia, hai que asegurarse de que funcionan todas as luminarias, así como os interruptores, enchufes e cascos. Loxicamente debe estar en vigor o contrato coa compañía eléctrica encargada da subministración. O mesmo debe ocorrer coa auga e o gas. A caldeira e o resto da instalación deben estar en perfecto estado de revisión, así como os electrodomésticos e gasodomésticos.
Axudas
A maioría dos donos carecen de tempo para ensinar persoalmente o inmoble en cuestión. As axencias inmobiliarias, a cambio dunha comisión, e as que colaboran coas institucións públicas no fomento do aluguer poden exercer de intermediarias entre o propietario da vivenda e o inquilino.
Algunhas comunidades autónomas subvenciónanlles o aluguer ás familias máis desfavorecidas e aos mozos con rendas baixas. A maioría das rexións tamén outorgan axudas para a rehabilitación de pisos para arrendar. Deste xeito, calquera cidadán que rehabilite unha vivenda para arrendar durante un longo período poderá beneficiarse dunha subvención. Así mesmo, o Ministerio de Vivenda subvencionaralle ao propietario os gastos de rehabilitación previos á cesión en arrendamento, por unha contía máxima de 6.000 euros, sempre e cando a axuda non supere a contía total das obras de rehabilitación. Neste caso, os gastos de rehabilitación inclúen o custo do seguro por falta de pagos e danos non ordinarios.
Trámites
E cales son as administracións públicas que recoñecen e tramitan estas axudas? Concretamente fanse cargo destes trámites as autoridades do territorio no que estea situada a vivenda. Elas son as que efectúan o recoñecemento do dereito a recibir a subvención, que se deberá solicitar no órgano competente en materia de vivenda.
Artigos relacionados:
> Cando os inquilinos provocan danos
> Nova lei de inquilinos
O máis lido
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.