Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Casa e fogar Vivenda

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vivenda > Reportaxes > Lexislación
A Lei Hipotecaria

A Lei Hipotecaria establece os textos e normativas correspondentes ao Rexistro da Propiedade, en materia de bens inmobles, e regula as actuacións do mercado hipotecario español. A Lei Hipotecaria do 8 de febreiro de 1946 foi modificada en varios artigos pola Lei 41/2007.

Grazas á Lei Hipotecaria podes saber que obrigas, prazos e impostos che esixe o Goberno con respecto á inscrición do inmoble no Rexistro da Propiedade. Tamén che podes informar das regras vixentes en materia de hipotecas (modificacións, cancelacións, comisións), taxadoras e outras cuestións relacionadas cos préstamos hipotecarios.  

Actualmente, rexe a Lei Hipotecaria do 8 de febreiro de 1946, coas modificacións establecidas polas emendas posteriores nos anos 1998, 2000, 2001, 2002, 2003 e 2007. A última reforma, que entrou en vigor o 10 de decembro de 2007, é a de maior transcendencia para o mercado hipotecario español, xa que se conseguen rebaixar os gastos do consumidor na notaría e no Rexistro da Propiedade en actuacións concretas, vixíanse de cerca as accións das sociedades de taxación, e promóvense novos produtos para colectivos específicos, como a terceira idade, moi necesitada de propostas adaptadas á súa situación.   

Podes atopar esta lei no Ministerio de Economía e Facenda, no Rexistro da Propiedade e na Asociación Hipotecaria Española, AHE. Aconsellámoste o último organismo, pois a súa páxina web incorpora o acceso máis sinxelo aos textos, así como as actualizacións da reforma da Lei Hipotecaria de decembro de 2007. Ademais, a asociación conta con documentos propios que aclaran algúns aspectos do texto oficial.  

Reforma da Lei Hipotecaria 

Entre as novidades máis importantes que introduce a reforma da Lei Hipotecaria salientan as seguintes: 

- Abaratamento dos gastos notariais e de rexistro, practicamente á metade das cantidades actuais, nas cancelacións, modificacións e subrogacións dos préstamos hipotecarios. 
- A nova Lei Hipotecaria establece unha comisión máxima por cancelación ou subrogación da hipoteca do 0,5% do capital pendente en préstamos a xuro variable e do 0,25% se o préstamo ten máis de cinco anos.
- Regulación dun novo produto, a hipoteca inversa, dirixido a maiores de 65 anos e dependentes, polo que aqueles que teñan unha vivenda, poden solicitar un crédito hipotecario e converter o valor da mesma nunha renda mensual. Ao titular do crédito nunca lle poden quitar a súa vivenda, e tras a súa morte, os herdeiros deberán encargarse da amortización do préstamo hipotecario. Ademais, a emenda que regula esta actividade inclúe a oferta de axudas fiscais aos titulares destes créditos que destinen parte da renda obtida a un plan de investimentos. As deducións son similares ás que estipula o imposto sobre a renda no caso dun plan de pensións, é dicir, que poderán acadar unha dedución de ata 10.000 euros anuais da base impoñible do imposto sobre a renda. Actualmente, non son moitas as entidades bancarias que conceden este crédito de hipoteca inversa, pero agárdase que progresivamente un número maior de establecementos financeiros ofrezan este produto.  
- Orden de transparencia e independencia para as sociedades de taxación que valoran os prezos dos inmobles. A nova normativa introduce unha serie de infraccións, desde leves ata moi graves. Establécese unha multa de ata 300.000 euros nos casos de fraude na valoración da vivenda que posteriormente se vaia empregar como aval para a concesión de préstamos hipotecarios.  

A nova Lei Hipotecaria só afectará ás hipotecas que se contratasen a partir da súa entrada en vigor, o 10/12/2007. 



Artigos relacionados

A hipoteca cando hai divorcio

A vivenda e os fillos

10 de marzo de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.