Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vivenda > Reportaxes > Mantemento da vivenda
Que facer en caso de goteiras?

Quen non viu algunha vez gretas, escachaduras ou antiestéticas manchas en paredes e teitos orixinadas pola humidade? Coñecer a procedencia desas trazas de auga é primordial para pór solución canto antes ás goteiras e determinar de quen é a responsabilidade en cada caso.

En ocasións o motivo dos danos por auga causados nun edificio é a choiva, noutras, fugas de tubaxes, canlóns ou unha simple billa aberta. Igualmente as obras son culpables habituais da aparición de goteiras, así como as avarías en lavadoras e lavalouzas.

Indistintamente, o importante é reaccionar a tempo para atopar a causa e así coñecer a quén corresponde costear a reparación e resarcir economicamente aos prexudicados polos danos. Polo tanto, desde o primeiro indicio hai que buscar a procedencia, para evitar que o alcance do sinistro sexa maior e se produzan máis danos. Débese ter en conta que a orixe dun escape que se manifesta nun sitio pode estar a algúns metros de distancia.

Tras descubrir o motivo da filtración, sempre que proceda do exterior do inmoble, o dono da propiedade afectada poderá esixir o amaño da avaría e dos estragos ocasionados, así como reclamar unha indemnización polos trastornos sufridos. Unha vez efectuada a reparación, a vivenda deberá quedar igual que antes do sinistro. De non ser así, a aseguradora terá que chegar a un acordo económico co propietario da casa para lle resarcir polos danos. Existe un teléfono, habilitado pola Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións do Ministerio de Economía e Facenda, onde se poden consultar dúbidas sobre o adecuado procedemento das compañías aseguradoras, é o 902197936.

Cubertas e fachadas

Xa sexan inundacións ou pequenas fugas, o primeiro que hai que dilucidar é de ónde proceden. Logo haberá que facer un pequeno inventario de a qué afectan. Indiscutiblemente, se se trata dos muros perimetrais, a cuberta da casa ou das filtracións producidas de terraza a terraza debido ao envellecemento do inmoble ou ás inclemencias climatolóxicas, será a comunidade a responsable.

Un mal illamento da azotea, do tellado, dun ático, da fachada e, en definitiva, de calquera dos elementos comúns do edificio, pode chegar a provocar importantes danos materiais nun fogar, ademais de moitas molestias en calquera veciñanza á hora de determinar responsabilidades. 

Auga no interior

Pero se as humidades teñen a súa orixe no interior do edificio, só hai que consultar a lexislación: as conducións e canalizacións de auga son elementos comúns ata que se internan na vivenda. Por tanto, de calquera escape que teña lugar no espazo privativo debe responder o seguro particular de cada propietario, excepto se se trata dunha fuga procedente das baixantes comúns de augas residuais. Tamén será a comunidade a que corra cos gastos se se demostra que os danos foron ocasionados por unha subida da presión das tubaxes e o fallo se produciu na instalación xeral da calefacción central ou a auga quente.

Non obstante, e aínda que a maioría dos fogares teñen contratado un seguro multi-risco ao que os seus propietarios deberán dar parte, tanto se son prexudicados como se son responsables, é mellor previr. Unha medida básica é deixar pechada a chave de paso cando a casa se vaia quedar baleira durante un longo período de tempo.

Respecto á póliza do seguro, convén contratala cunha compañía solvente. En caso de que sexa a compañía dun veciño ou da comunidade de propietarios a que haxa de reparar unha humidade, aconséllase non emprender as obras sen ter seguido os pasos pertinentes que marca a lei. O lóxico é avisar ao seguro da vivenda, que trasladará a un perito para que identifique a causa e contacte coa compañía do veciño ou da comunidade. Neste último caso, corresponderá ao seguro de responsabilidade civil do edificio correr cos gastos; ademais de reparar a humidade, debe asumir os danos causados aos bens privados. Pero a reparación terá que ser aprobada pola xunta de propietarios.

Artigos relacionados:
Consellos previos á reforma do fogar
Danos no fogar por unha catástrofe

7 de setembro de 2005


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.