Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Fórmula 1 > Noticias > Actualidade

Noticias

O piloto de Fórmula 1 Mark Webber, fracturouse a perna dereita tras sufrir un accidente nunha proba benéfica organizada por el na illa de Tasmania. O australiano, piloto da escuadra Red Bull, foi atropelado por un coche cando ía en bicicleta e estará polo menos seis semanas de baixa tras ser operado.
Xa se coñece o calendario oficial da tempada 2009. A principal novidade, é a ausencia do Gran Premio de Canadá, que quedará fóra da competición despois de fracasar as últimas negociacións entre o goberno canadense e o patrón da Fórmula 1, Bernie Ecclestone.
Despois do acordo de colaboración ao que chegaron a pasada semana McLaren e Force India parece bastante probable que o piloto español compita a próxima tempada coa escuadra india. O primeiro paso para esa futura unión darase esta semana en Montmeló, onde De la Rosa probará durante dous días o monopraza de Force India.
Esta semana o circuíto catalán de Montmeló acolle tres xornadas de adestramentos. Con elas dá comezo a pretempada 2009, coa presenza da gran maioría das escuadras. Entre as ausencias destaca a do campión desta tempada, Lewis Hamilton, que se atopa de vacacións. Ademais, varios pilotos alleos á F1 probarán os mandos destes monoprazas, entre eles, o campión do Mundo de Rallys, Sebastián Loeb.
Coa tempada recentemente acabada os equipos xa pensan no 2009, case sen tempo para as vacacións. Os máis precoces foron os de Ferrari, que non queren quedar sen título de pilotos no próximo ano. Por iso, a escuadra italiana traballa desde esta semana no seu novo monopraza, que denominaron F2008K. Trátase dunha aproximación ao coche que conducirán Felipe Massa e Kimmi Raikkönen.
Jaime Alguersuari está a levantar gran expectación nas últimas semanas. Coa súa vitoria na Fórmula 3 británica, este novo piloto saltou á palestra como un das máis firmes promesas do automobilismo español. Agora, o reto do catalán é converterse tamén no primeiro español en vencer na lendaria carreira de Macao, unha proba de gran prestixio dentro deste deporte.

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.