O Mundial aterra en Turquía cos Ferrari como favoritos - repsol.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Competición Fórmula 1

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Fórmula 1 > Noticias > Actualidade
O Mundial aterra en Turquía cos Ferrari como favoritos

Copy RV Racing Press

O Mundial de Fórmula 1 chega a Turquía este fin de semana, nunha cita marcada pola despedida da escuadra xaponesa Super Aguri da competición debido aos seus problemas económicos. Logo da proba catalá, o trazado turco servirá, ademais, para confirmar a melloría do Renault de Alonso. Cun cambio no calendario (antes corríase en agosto), a pista de Istambul Park vivirá unha nova loita dun Mundial que se presenta moi igualado.

O de Turquía é un deses circuítos onde, como é xa habitual, a sesión clasificatoria é moi importante. O piloto que se faga coa pole daría un paso de xigante para facerse coa vitoria final e é que adiantar neste trazado, a pesar de que conta cunha pista ancha, é tarefa difícil. Outra das características destacadas de Istambul Park é que se corre en sentido contrario ao das agullas do reloxo.

Ferrari parte como favorito este fin de semana e é que Istambul Park é un circuíto que se lle dá moi ben aos dous pilotos da escuadra italiana. O brasileiro Felipe Massa proclamouse vencedor nas dúas últimas tempadas e o ano anterior logrouno Kimmi Raikkonen. Por outra banda, a actualidade está marcada pola posible ausencia do finlandés Heikki Kovalainen, tras o aparatoso accidente que sufriu en Montmeló. O piloto de McLaren está practicamente recuperado, pero a súa presenza na pista turca estará condicionada polas probas físicas ás que será sometido antes dos adestramentos do venres.

Pola súa banda, Fernando Alonso espera confirmar en Turquía a melloría do seu monopraza que se puido apreciar xa en Barcelona. O español afirma que a pesar de que o coche se retirase demostrou “ter un bo rendemento o fin de semana”. O bicampión do mundo anunciou que van ter “un enfoque agresivo para as próximas probas, nas que chegarán novos desenvolvementos”. Sobre Istambul Park, o asturiano destacou que é un circuíto “moi divertido” onde espera ter un bo resultado.

08/05/2008

Últimas noticias

> Super Aguri despídese do Mundial
> Cómoda vitoria de Räikkönen en Montmeló



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.