Massa repite en Turquía - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Competición Fórmula 1

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Fórmula 1 > Noticias > Actualidade
Massa repite en Turquía

Copy Ferrari

Non hai dous sen tres. Felipe Massa volveu a gañar nun circuíto que se lle dá moi ben á escuadra italiana e mellor aínda ao brasileiro. E é que a deste fin de semana é a terceira vitoria consecutiva do piloto en Istambul Park. No podio acompañáronlle Lewis Hamilton e o seu compañeiro Kimmi Raikkonen. Fernando Alonso, pola súa banda, finalizou en sexta posición, demostrando que as melloras de Renault non son pasaxeiras.

A quinta proba da tempada deixou as cousas como estaban na clasificación xeral. O vixente campión de F1, Kimmi Raikkonen continúa á fronte do Mundial con sete puntos de vantaxe sobre Hamilton e Massa. Precisamente o piloto de McLaren foi un dos protagonistas da xornada e é que o inglés, que saíu cunha estratexia de tres paradas, púxollo moi difícil aos Ferrari e acabou impedindo unha dobre vitoria da escuadra vermella.

Pola súa banda, Fernando Alonso confirmou no trazado turco as melloras do seu monopraza. O español realizou unha gran carreira e tras unha maxistral saída logrou finalizar en sexta posición e puntuar. Ademais, a escuadra logrou afianzarse xa como cuarto equipo do campionato, tras os Ferrari, McLaren e BMW-Sauber. O asturiano asegurou tras a proba que esta foi a súa “mellor carreira” no que vai de ano.

A nota anecdótica da xornada tivo lugar ao comezo do día, cando na volta de quentamento previa á saída, Rubens Barrichello foi felicitado por radio por converterse no piloto con máis participacións en Grandes Premios. E é que, coa de onte, o brasileiro estivo presente en 257 probas.

12/05/2008

Últimas noticias

> O Mundial aterra en Turquía cos Ferrari como favoritos
> Super Aguri despídese do Mundial


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.