Pantano sobe ao podio e Javi Villa finaliza sexto na segunda carreira de GP2 - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Competición Fórmula 1

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Fórmula 1 > Noticias > Actualidade
Pantano sobe ao podio e Javi Villa finaliza sexto na segunda carreira de GP2

Copy Repsol YPF

Na segunda carreira da fin de semana os pilotos do equipo Racing Engineering tiveron unha destacada actuación. O veterano Giorgio Pantano finalizou en terceira posición, desquitándose do cuarto posto conseguido na xornada do sábado. Javier Villa, pola súa banda, realizou unha boa carreira e acabou en sexta posición. A vitoria foi para Kobayashi seguido de Buemi.

O italiano Giorgio Pantano puido desquitarse e logrou unha meritoria terceira posición, tras quedar co mel nos beizos na carreira do sábado. Con este podio Pantano colócase terceiro na xeral do Mundial. O seu compañeiro en Racing Engineering, o asturiano Javier Villa, finalizou en sexta posición, un posto que se axusta máis ás súas posibilidades que o décimo cuarto obtido na primeira carreira da fin de semana. Haberá que esperar ás próximas carreiras para valorar o potencial real do español, que está chamado a ser un dos “líderes” da categoría.

O xaponés Kobayashi adxudicouse a vitoria por diante do suízo Sebastián Buemi. O piloto nipón viuse beneficiado por unha penalización que sufriu Roman Grosjean a falta de tres voltas cando ía líder, e que o relegou ata a décimo terceira posición. O brasileiro Bruno Senna foi cuarto e encabeza o Mundial de pilotos empatado co portugués Álvaro Parente, que trala súa vitoria na primeira carreira foi sétimo na segunda.

27/04/2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.